Soyuz 13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz 13
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de decembro de 1973, 11:55 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión7,87 días[6]
Obxectivo da misiónProbas coa nave, observacións terrestres e astronómicas.[2][6]
Regreso26 de decembro de 1973, 8:50 GMT[1][6]
NSSDC ID1973-103A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soyuz 13 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 18 de decembro de 1973 mediante un foguete Soyuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión Soyuz 13 usou unha nave modelo Soyuz 7K-T lixeiramente modificada, que pasou a ser denominada Soyuz 7K-T/AF e que foi única no seu xénero. No módulo orbital iba aloxado o telescopio Orion 2 co que a tripulación, formada polo comandante Pyotr Iliyich Klimuk (o primeiro belaruso en voar ao espazo) e enxeñeiro de voo Valentin Vitaliyevich Lebedev, fixo observacións astronómicas no ultravioleta. Tamén fixeron observacións da superficie terrestre con outros instrumentos e seguir facendo probas cos sistemas da nova nave.[2][3][4][5]

Tras case oito días en órbita, a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 200 km ao suroeste de Karaganda o 26 de decembro de 1973.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 13" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 18 March 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (74-07038). 21 de marzo de 1974: 2. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 13 (7K-T-AF, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017.