Soyuz 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz 10
Soyuz 10 mission patch.png
Parche da misión
TipoTripulada
Data de lanzamento22 de abril de 1971, 23:54 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1,99 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Salyut 1.[2][6]
Regreso24 de abril de 1971[1][6]
NSSDC ID1971-034A
Masa6525,0 kg[2][5][6]

Soyuz 10 foi o nome da primeira misión espacial tripulada enviada cara unha estación espacial, a Salyut 1. Foi lanzada o 22 de abril de 1971 mediante un foguete Soyuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Soyuz 10 foi acoplarse coa primeira estación espacial da Historia, a Salyut 1, lanzada só tres días antes. A bordo da cápsula iban o comandante Vladimir Aleksandrovich Shatalov, o enxeñeiro de voo Aleksei Stanislavovich Yeliseyev e o enxeñeiro de sistemas Nikolai Nikolayevich Rukavishnikov. A nave era unha Soyuz 7KT-OK.[2][3][4][5]

Despois do lanzamento a Soyuz 10 manobrou durante 24 horas para igualar a súa órbita coa da Salyut 1, que á súa vez manobrou para achegarse á Soyuz. Os sistemas automáticos deixaron as naves a 180 m de distancia unha da outra. O sistema de acoplamento automático fallou, deixando como única opción o acoplamento manual. Os cosmonautas atoparon a manobra manual dificultosa comparada co acoplamento entre dúas naves Soyuz: a Salyut, coa súa maior masa e coa súa falta de manobrabilidade, resultou ser un obxectivo máis esquivo. Análises posteriores mostraron ademais que a instrumentación a bordo da Soyuz era insuficiente para un acoplamento manual cómodo e normal. De tódolos xeitos a tripulación conseguíu finalmente acoplarse ao porto da Salyut, aínda que non conseguiron un acoplamento duro. Toda a manobra de acoplamento foi grabada por cámaras de televisión situadas no exterior da Soyuz. Finalmente os cosmonautas non puideron entrar na estación debido a problemas na escotilla interna da súa propia nave. A Salyut 1 e a Soyuz 10 permaneceron unidas durante 5 horas e 30 minutos antes de desacoplarse, non sen antes ter que intentalo varias veces debido ao acoplamento defectuoso. A Soyuz manobrou arredor da estación para tomar fotos e inspeccionala. A misión regresou a terra a noite do 24 de abril, converténdose tamén na primeira cápsula tripulada en facer un regreso nocturno. Durante a aterraxe, que tivo lugar a entre 80 e 100 km ao suroeste da cidade de Karaganda, o aire no interior da cápsula volvuse tóxico e Rukavishnikov acabou inconsciente, sen máis consecuencias.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 25 May 1971 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (71-11758). 8 de xuño de 1971: 4. Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 10, 11 (7KT-OK)" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.