A súa primeira edición tivo lugar en marzo de 1987 , distribuído por locais, restaurantes e museos da cidade, o que é unha característica do festival a día de hoxe. Os organizadores consideraron que era un evento rexional e esperaban que se presentasen uns 150 asistentes, pero viñeron máis de 700, e segundo Louis Black,co-fundador, "foi nacional case de inmediato". Black, Nick Barbaro e Roland Swenson serían os principais organizadores do festival até o 2010.
O Festival de música SXSW reúne no seu cartel as últimas propostas musicais do ámbito independente xunto a artistas cunha traxectoria contrastada, que abrangue calquera estilo ou xénero, buscando a calidade e apostando fundamentalmente polo pop, o rock e as tendencias máis underground da música electrónica e dance.
Históricos carteis do festival incluíron a Radiohead, The Strokes, R.E.M., The White Stripes, Coldplay, Billie Eilish,Tame Impala ou Hozier - G, buscando a calidade e apostando fundamentalmente pola emerxencia de novas bandas con talento.
O Festival de Cine SXSW inclúe unha conferencia de cine e contou con máis de 15.000 participantes rexistrados de 57 países en 2013. O festival de cine contou con 133 películas e 110 curtametraxes. En total, o festival de cine de 2013 contou con case 75.000 visitantes. O inventario de filmes estreados subíu a 216 en 2025. Nesta sede estreáronse, entre moitos outros, The Fallout,The Art of Self-Defense, Life, etc [1]
SXSW tamén outorga premios en categorías de medios dixitais, que reciben recoñecemento mundial. Entre outras redes sociais, coma un inicial Facebook, Twitter presentouse alí a un público nacional en 2007. No ano récord de 2019, o festival levou un estimado de 356 millóns de dólares á economía local de Austin, fronte aos 347 millóns de dólares que a Super Bowl aportou á economía de Houston. [2]