Sour (cóctel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un típico whisky sour nun vaso non standard.

Os Sour (agre) é unha familia de cócteles tradicionais. Os exemplos comúns de sours son o Margarita e o Sidecar. Os Sours pertencen a unha das vellas familias de cócteles orixinais e son descritos no libro de 1862 de Jerry Thomas Como mesturar bebidas.[1] Os sours son bebidas mesturadas cunha base de licor (bourbon ou calquera outro whisky no caso dun whisky sour), limón ou zume de lima, clara de ovo, e un edulcorante (triple sec, xarope, granadina ou zume de ananás son os máis comúns).[2]

Lista de sours[editar | editar a fonte]

Outros sours[editar | editar a fonte]

  • Brandy Sour ou Daisy Brandy (Jerry Thomas, 1887), brandy, curaçao claro ou laranxa, azucre, zume de limón, sacudido e coado nunha copa de viño.
  • Brandy Sour Chipriota - Brandy de Chipre, limón e amargos, axítase nun vaso alto, e remátase con soda ou limoada.
  • Santa Cruz Sour (Jerry Thomas, 1887)- Ron Santa Cruz, azucre, zume de limón, axitado e servido nunha copa de viño.
  • Midori Sour licor de melón, granadina, zume de limón. Vertido correctamente, aseméllase a un Tequila Sunris verde coas capas visibles.
  • Caipirinha - Cachaça, azucre, lima, xeo nun vaso Old fashioned.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul Clarke. Make Yourself Comfortable. September 25, 2005. The Cocktail Chronicles. Retrieved on January 1, 2007.
  2. Regan, Gary. The Joy of Mixology, The Consummate Guide to the Bartender's Craft. (2003) Clarkson Potter. ISBN 0-609-60884-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]