Saltar ao contido

Sotenäs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSotenäs
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°22′00″N 11°15′00″L / 58.366666666667, 11.25
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor en Wikidata
CapitalKungshamn Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.063 (2025) Editar o valor en Wikidata (13,24 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie684,58 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRolf Mattson (1995–2006)
Mats Abrahamsson (2007–2022)
Therése Mancini (2023–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websotenas.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Sotenaskommun Instagram: sotenaskommun LinkedIn: sotenäs-kommun Youtube: UCmfJO4FB0ksHWSvo24hjgDw Editar o valor en Wikidata

Sotenäs é un concello sueco no condado de Västra Götaland, anteriormente no desaparecido condado de Gotemburgo e Bohus. A súa capital é a localidade de Kungshamn. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 104 habitantes.[1]

O concello está formado por unha paisaxe de val de fractura nunha meseta cuxo leito rochoso está dominado polo granito de Bohus. O granito de Bohus foi durante moito tempo unha parte importante da actividade económica local, que a principios da década de 2020 estaba baseada na pesca, a industria da pedra e o turismo.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Askum, Kungshamn, Malmön e Tossene, todas elas no härad de Sotenäs. Nesa parroquias fundáronse coa reformamunicipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, pero onde o de Kungshamn tamén era coñecido como concello rural de Gravarne. O concello rural de Malmön fundouse realmente en 1909 a través dunha excisión do de Askum. En 1924 creouse o concello de Smögen tras unha excisión do municipio de Kungshamn.

Na zona existían varias localidades municipais:

  • Gravarne och Bäckevik, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1959.
  • Hasselösund, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1953.
  • Smögen, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1953.
  • Tången, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1959.
  • Malmön, establecida o 20 de abril de 1900 e disolta a finais de 1959.
  • Hovenäset, establecida o 28 de febreiro de 1902 e disolta a finais de 1953.
  • Hunnebostrand, establecida o 6 de febreiro de 1903 e disolta a finais de 1960.
  • Bovallstrand, establecida o 27 de novembro de 1903 e disolta a finais de 1959.
  • Väjern, establecida o 22 de decembro de 1905 e disolta a finais de 1959.
  • Ulebergshamn, establecida o 29 de outubro de 1926 e disolta a finais de 1959.

Coa reforma municipal de 1952 creouse o municipio rural de Södra Sotenäs (a partir dos concellos rurais de Askum, Malmöns e Kungshamn), mentres que os de Smögen e Tossene permaneceron sen cambios.

Coa refoemamunicipal de 1971 fundáronse os concellos de Smögen, Södra Sotenäs e Tossene a través da transformación dos concellos rurais correspondentes. O actual municipio de Sotenäs naceu en 1974 pola unión deses tres concellos.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Sotenäs está situado na parte central da provincia histórica de Bohuslän co Skagerrak ao oeste.

Xeograficamente o concello forma unha península que ao sur e ao oeste limita co Skagerrak, ao norte coa baía de Bottnafjorden e ao leste coa de Åbyfjorden. Sotenäs fai fronteira ao norte co municipio de Tanum, ao leste co de Munkedal, e ao sueste co de Lysekil.

  1. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04. 
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.