Sorteo Extraordinario do Neno
Aparencia
(Redirección desde «Sorteo do Neno»)
| Sorteo Extraordinario do Neno | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lotaría Nacional de España | |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O Sorteo Extraordinario do Neno (en castelán: Sorteo Extraordinario del Niño), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría do Neno, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España. Lévase a cabo cada 6 de xaneiro, coincidindo coa festividade dos Reis Magos, e ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. O primeiro premio recibe o nome de "O Gordo" (aínda que de forma menos popular que no Sorteo de Nadal) e ten un valor de 2 millóns de euros ao billete (200.000 euros por décimo). O período de venda deste sorteo esténdese dende comezos de novembro ata o día previo ao sorteo. É tradición cambiar os décimos premiados co reintegro da Lotaría de Nadal por novos décimos para "o Neno".
O primeiro premio en Galicia
[editar | editar a fonte]| Ano | Número | Vendido en |
|---|---|---|
| 2026 | 06.703 | Zas, As Pontes de García Rodríguez, Ourense, Xinzo de Limia, Monforte de Lemos, Marín e O Porriño |
| 2020 | 57.342 | Rianxo |
| 2016 | 22.654 | Ribas de Sil, Quiroga, Pontecesures e A Coruña[1] |
| 2014 | 76.254 | Monforte de Lemos (íntegro)[2] |
| 2007 | 92.034 | Ferrol[3] |
| 1987 | 04.675 | Ourense e Mondoñedo |
| 1986 | 37.220 | Vigo |
| 1976 | 72.246 | Vilagarcía de Arousa (íntegro) |
| 1955 | 45.551 | Lugo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, ed. (6 de xaneiro de 2016). "O primeiro premio da Lotaría do Neno, o 22654, vendido na Coruña, Lugo e Pontevedra". Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (6 de xaneiro de 2014). "O premio gordo da Lotaría do Neno cae íntegro en Monforte". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ "O Neno deixa en Ferrol o maior premio da historia da cidade". 7 de xaneiro de 2007. Consultado o 26 de abril de 2021.