Sorsele (municipio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 65°32′N 17°32′L / 65.533, -17.533

Municipio de Sorsele
Sorsele kommun
Suorsán tjeälddie
Bf Sorsele.JPG
Estación de Sorsele
Sorsele vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Lappland
Condado Västerbotten
Capital Sorsele
Área e poboación
Poboación 2 455 habitantes
Censo 2022
Área 7 957,97 km²
Densidade 0,33 hab./km²
Mapa
Sorsele Municipality in Västerbotten County.png
Outros datos
Web portal.sorsele.se

Sorsele (saami: Suorsán tjeälddie) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland. O concello limita ao oeste co municipio de Rana en Noruega, e cos concellos suecos de Arjeplog ao norte, Arvidsjaur ao nordés, Malå e Lycksele ao leste e Storuman ao sur. Sorsele é o segundo municipio sueco con menos habitantes. A súa capital é Sorsele, que é o único núcleo urbano do concello onde en 2015 vivía o 46,7% dos seus habitantes. No ano 2022 a poboación do concello era de 2 455 habitantes.[2]

O concello de Sorsele forma parte dende o 1 de xaneiro de 2010 dunha administración onde a cultura e a lingua saami teñen unha protección especial.[3]

Administración histórica[editar | editar a fonte]

A área do municipio correspóndese coa parroquia de Sorsele onde se fundou o concello rural do mesmo nome cando se aplicou a reforma municipal de 1862 en Lappland en 1874.

A localidade municipal de Sorsele estableceuse o 15 de novembro de 1935 e disolveuse a finais de 1955.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, que tampouco afectou aos condados de Västerbotten e Norrbotten.[4]

O municipio de Sorsele naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Sorsele.[5]

O concello pertence dende a súa formación ao partido xudicial de Lycksele.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-09. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-27. 
  3. "Information på Svenska". Sorsele kommun (en sueco). Consultado o 2022-08-09. 
  4. "Folkräkningen 1950" (PDF). scb.se. Consultado o 10 de setembro de 2022. 
  5. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.