Soraya Esfandiary-Bakhtiari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soraya Esfandiary-Bakhtiari
Queen-Shabanu Soraya Esfandiary-Bakhtiari, Tehran 1953.jpg
Nacemento22 de xuño de 1932
Lugar de nacementoIsfahán
Falecemento26 de outubro de 2001 e 25 de outubro de 2001
Lugar de falecementoParís
CausaIctus
SoterradaWestfriedhof (Munique)
NacionalidadeIrán
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónactriz de cinema e actriz
PaiKhalil Esfandiary Bakhtiary
CónxuxeMohammad Reza Pahlavi
PremiosOrde de Isabel a Católica e Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña
Na rede
IMDB: nm0814735 WikiTree: Esfandiyâri-Baxtiyâri-1 Find a Grave: 8958519 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Soraya Esfandiary-Bakhtiari (en persa: ثریا اسفندیاری بختیاری, Sorayâ Esfandiyâri-Baxtiyâri), nada en Isfahán o 22 de xuño de 1932 e finada en París o 26 de outubro de 2001, foi a raíña consorte de Irán como esposa do xa Mohammad Reza Pahlavi, co que casou en 1951.

O matrimonio sufriu moitas presións, en particular cando quedou claro que ela era estéril. Rexeitou a suxestión do xa de tomar unha segunda esposa para producir un herdeiro despois de que el rexeitase a súa idea de abdicar en favor do seu medio irmán. Como filla de nai cristiá, os clérigos xiítas desconfiaban dela, igual que a posesiva nai do xa. En marzo de 1958, o xa chorou mentres anunciaba o divorcio. O embaixador británico afirmou que Soraya foi o único amor verdadeiro do xa. Tras unha breve carreira como actriz e unha relación co director de cinema italiano Franco Indovina, Soraya viviu soa en París ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Soraya era filla de Khalil Khan Esfandiary-Bakhtiari (1901-1983),[1] nobre da etnia bakhtiari do Irán meridional e embaixador de Irán ante Alemaña Occidental, e da súa esposa alemá nada en Rusia, Eva Karl (1906-1994).[2]

Naceu no Hospital Misioneiro Inglés de Isfahán en 1932.[1][3] Tivo un irmán máis novo, Bijan (1937–2001). A súa familia estivo durante moito tempo involucrada no goberno e no corpo diplomático iraniano. Un tío seu, Sardar Assad, foi un dos líderes da revolución constitucional persa de principios do século XX.[4] Soraya creceu entre Berlín e Isfahán e foi educada en Londres e Suíza.[3]

Reinado[editar | editar a fonte]

En 1948, Soraya foi presentada ao novo xa Mohammed Reza Pahlavi, por Forough Zafar Bakhtiary, parente de Soraya, mediante unha fotografía tomada por Goodarz Bakhtiary, en Londres, a petición de Forough Zafar. Nese momento, Soraya estaba rematando o instituto nunha escola suíza e estaba a estudar inglés en Londres.[4] Comprometéronse deseguido e o xa deulle un anel de compromiso de 22.37 quilates (4.474 g).[5]

Mohammad Reza Pahlevi e Esfandiary casaron o 12 de febreiro de 1951.[6] O matrimonio foi problemático porque a nai e as irmás de Mohammad Reza vían a Soraya como rival polo amor del, igual que a súa primeira esposa, Fawzia, e continuamente a humillaban. Soraya odiaba a Ernest Perron, mellor amigo e secretario privado do xa.[7] Como Soraya foi criada en Europa, Irán era un país "estraño" para ela, e tivo actitudes que o historiador irianiano-estadounidense Abbas Milani describiu como próximas ao racismo. Para ela, Europa foi sempre o modelo de excelencia para todo.[7] Unha fotografía da raíña facendo esquí náutico en Miami cun bikini foi moi controvertida en Irán.[8] Soraya foi enormemente condenada pola inmoralidade do seu traxe de baño, considerado impropio dunha musulmá, e a foto moi prohibida en Irán para tratar de silenciar as críticas do ulema.[8]

Aínda que a voda tivera lugar durante unha forte nevarada, que se consideraba bo augurio, o matrimonio da parella imperial desintegrárase a principios de 1958, debido á aparente infertilidade de Soraya. A raíña abandonou Irán en febreiro e marchou á casa dos seus pais en Colonia, onde o xa enviou o tío da súa esposa, o senador Sardar Assad a principios de marzo, nun intento de convencela para regresar.[9] O 21 de marzo de 1958, aninovo iraniano, un choroso xa anunciou o divorcio nun discurso emitido por radio e televisión.[10] Recibiu o tratamento e título nobiliario de «A Súa Alteza Imperial a Princesa Soraya do Irán», tralo divorcio.

Exilio[editar | editar a fonte]

Tras divorciarse estableceuse primeiramente en Roma no seu exilio. Intentou unha breve carreira como actriz,[11] protagonizando o filme I tre volti (1965), dirixido por Franco Indovina (1932–72), con quen mantivo unha relación sentimental.[12] Tamén participou no filme She (1965).

Trala morte de Indovina nun accidente de aviación, a princesa converteuse nunha personaxe asidua da prensa do corazón que a denominou «a princesa dos ollos tristes». A raíz dese falecemento, deixou para sempre Italia para establecerse en Francia.

Dous anos antes de morrer, Soraya revelou nas súas memorias o seu segredo: ela non era estéril como sinalaran os médicos próximos ao xa, senón que manipularon os seus exames médicos para convencer o xa sobre a suposta infertilidade, o que deu lugar ao inesperado divorcio.

A princesa Soraya de Irán faleceu no seu apartamento de París por causas non reveladas con 69 anos.[13][14] Tras saber do pasamento, o seu irmán comentou con tristura, "despois dela, non teño ninguén con quen falar".[15][16] Bijan faleceu unha semana despois.[17][18]

Está enterrada en Westfriedhof, un cemiterio de Múnic, xunto coa súa familia. En 2002, a súa tumba foi profanada por radicais musulmáns con pintadas acusándoa de «parasito social».

Legado[editar | editar a fonte]

Tumba de Soraya, os seus pais e o seu irmán.

O divorcio de Soraya do xa inspirou a compositora francesa Françoise Mallet-Jorris para escribir "Je veux pleurer comme Soraya" ("Quero chorar como Soraya").[2][14] O francés François Meilland cultivou un xirasol en honor á raíña que chamou "Emperatriz Soraya".[19]

Realizouse un telefilme italo-alemán sobre a vida da princesa, titulado Soraya (tamén chamado Sad Princess), que se emitiu en 2003 e foi protagonizada por Anna Valle como Soraya e Erol Sander como o xa.[20] A actriz francesa Mathilda May interpretou a irmá do xa, a princesa Shams Pahlavi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Princess Soraya Esfandiari". Bakhtiari family. Consultado o 10 de outubro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Kadivar, Dairus (1 de abril de 2007). "Stardust memories". The Middle East. Consultado o 11 de xuño de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Earlier Marriages Ended in Divorce. Deposed Shah of Iran". The Leader Post. AP. 29 de xullo de 1980. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Shah To Wed, Iran Hears". The New York Times. 10 de outubro de 1950. p. 12. 
  5. "The Tribune, Chandigarh". The Tribune. India. Consultado o 16 de agosto de 2010. 
  6. "Gifts for wedding". Daytona Beach Morning (Teherán). AP. 12 de febreiro de 1951. Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Milani, Abbas The Shah, Londres: Macmillan, 2011 pp. 155-60.
  8. 8,0 8,1 Milani, Abbas The Shah, Londres: Macmillan, 2011 páxina 199.
  9. "Shah's Plea to Queen Held Vain". The New York Times. 6 de marzo de 1958. p. 3. 
  10. "Iran Shah Divorces His Childless Queen", The New York Times, 14 de marzo de 1958, p. 2.
  11. "Soraya Taking Screen Role", The New York Times, 8 de outubro de 1963, p. 48.
  12. "Princess Soraya, ex-wife of the Shah of Iran, dies in Paris". Hello! Magazine. 25 de outubro de 2001. Consultado o 27 de xuño de 2008. 
  13. "Soraya, the second wife of Shah of Iran, dies". The Birmingham Post. 26 de outubro de 2001. Consultado o 11 de xuño de 2013. 
  14. 14,0 14,1 "Wife of Former Shah of Iran Dies". The Washington Post (París). AP. 25 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  15. "Article Written By Dr Abbassi For Nimrooz Newspaper". Avairan. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2010. 
  16. "Soraya Esfandiari, Cyrus Kadivar". The Iranian. xuño de 2002. Consultado o 16 de agosto de 2010. 
  17. Bakhtiari family website - Soraya Esfandiari Bakhtiari
  18. Zoech, Irene (5 de abril de 2003). "Fortune of Shah's former wife goes to German state". 
  19. "Empress Soraya rose". The New York Times. 17 de xuño de 1958. p. 29. 
  20. "Making Sense of Iran". Khaleej Times. 3 de outubro de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
Predecesor:
Fawzia de Exipto
Imperial Coat of Arms of Iran.svg
Raíña consorte de Irán

1951-1958
Sucesor:
Farah Diba

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]