Saltar ao contido

Sophie Taeuber-Arp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSophie Taeuber-Arp

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Davos Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Zürich Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, intoxicación por monóxido de carbono Editar o valor en Wikidata
RelixiónReformed (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, arte téxtil, arte visual, escultura, danza e actuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, artista visual, artista, actriz, artista decorativo, deseñadora, colaxista, artista téxtil, mestra, escultora, ilustradora, arquitecta, bailarina, debuxante Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKunstgewerbeschule Zürich (pt) Traducir (1916–1929) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Allianz (1937–) Editar o valor en Wikidata
MovementoDadaísmo e construtivismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMaria Brinckmann Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xullo de 1955documenta 1 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHans Arp (1922–) Editar o valor en Wikidata
IrmánsHans Werner Taeuber Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 190034 BNE: XX1625421 WikiTree: Taeuber-47

Sophie Henriette Gertrud Taeuber-Arp, nada en Davos o 19 de xaneiro de 1889 e finada en Zürich o 13 de xaneiro de 1943,[1] foi unha artista, pintora, escultora, deseñadora téxtil, deseñadora de mobiliario e de interiores, arquitecta e bailarina suíza.

Nada en 1889 en Davos e criada en Trogen, estudou nunha escola técnica en Sankt Gallen e en escolas de arte en Alemaña, antes de volver a Suíza durante a primeira guerra mundial. Nunha exposición en 1915 coñeceu o artista franco-alemán Hans Arp,[2] con quen casou pouco despois. Durante eses anos vinculáronse co movemento dada, o cal xurdiu en 1916. A maioría das obras famosas de Taeuber-Arp, como Tête Dada (1920), datan deses anos.[3] Mudáronse a Francia en 1926, onde ficaron até a invasión de Francia durante a segunda guerra mundial, cando volveron a Suíza. Morreu en 1943 nun accidente por unha fuga de gas na cociña.[2]

Malia ser ignorada tras a súa morte, é considerada unha das artistas máis importantes da arte concreta e da abstracción xeométrica do século XX.[4]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nada en Davos, foi a quinta filla do farmacéutico prusiano Emil Taeuber e de Sophie Taeuber-Krüsi, natural do cantón de Appenzell Exterior. Os pais rexentaron unha farmacia en Davos até a morte do pai por tuberculose cando Sophie tiña dous anos. A familia mudouse entón a Trogen, onde a nai abriu unha pensión e lle ensinou a Sophie a coser.[5]

Sophie estudou deseño téxtil en Sankt Gallen entre 1906 e 1910.[6] Máis tarde foi á escola de Wilhelm von Debschitzen Múnic, onde estudou en 1911 e en 1913. En 1912 estudou durante un ano na Kunstgewerbeschule de Hamburgo. En 1914, debido á primeira guerra mundial, regresou a Suíza.[3] Uniuse á Schweizerischer Werkbund en 1915.[7] O mesmo ano asistiu á Escola de Danza Laban en Zürich e ese verán uniuse á colonia de artistas de Monte Verita en Ascona. En 1917 bailou con Suzanne Perrottet, Mary Wigman e outros no Festival de Sol que organizou Laban en Ascona.[8] Desde 1916 a 1929 Taeuber foi mestra na Kunstgewerbeschule en Zürich, onde ensinou bordado e deu clases de deseño.[9]

Composición oval con Motivos Abstractos (1922)
Composición (1931)
Grasse (1940)
Taeuber-Arp no billete de 50 francos suízos

En 1915, nunha exposición na Galería Tanner, coñeceu o artista dadaísta Jean Arp, quen se mudara a Zürich ese ano para evitar ser recrutado polo exército alemán durante a Primeira Guerra Mundial.[7] Realizaron numerosos proxectos conxuntos até a morte deste en 1943. Casaron en 1922 e ela mudou o seu apelido a Taeuber-Arp.[10]

Taeuber-Arp ensinou artes téxtiles no Kunstgewerbeschule Zürich de 1916 a 1929. As súas obras téxtiles e gráficas dende aproximadamente 1916 e da década de 1920 forman parte do construtivismo inicial, xunto coas de Pieter Mondrian e Kasimir Malevich. Esas sofisticadas abstraccións xeométricas reflicten un punto de vista sutil da interacción entre cor e forma.[6]

Durante este período formou parte do dadaísmo, o cal tivo o seu centro no Cabaret Voltaire de Zürich.[6] Participou en actuacións de inspiración Dada como bailarina, coreógrafa e monicrequeira. Así mesmo, deseñou monicreques[2] e traxes para actuacións do Cabaret Voltaire e para outros teatros suízos e franceses. Na apertura da Galeria Dada en 1917 bailou durante un recital de poesía levado a cabo por Hugo Ball mentres levaba posta unha máscara chamánica deseñada por Marcel Janco.[11] Un ano máis tarde foi unha das asinantes do manifesto Dada.[12] Tanto coma bailarina como coma pintora, Taeuber foi quen de incorporar o dadaísmo no seu movemento e na danza e foi descrito como escuro e estraño.[13]

Tamén realizou numerosas obras escultóricas, como a serie abstracta «Cabezas Dada» de madeira policromada. Cun enxeñoso parecido cos pequenos soportes amplamente usados na confección de sombreiros, representaban unha elegante síntese das artes plásticas e as aplicadas.[14]

Taeuber-Arp foi tamén contemporánea e amiga próxima do poeta de vangarda, ensaísta, e artista franco-romanés Tristan Tzara, unha das figuras centrais do dadaísmo. En 1920 Tzara captou máis de catro ducias de artistas dadaistas, entre quen estaban Taeuber-Arp, Hans Arp, Jean Cocteau, Marcel Duchamp e Hannah Höch. Tzara planeaba utilizar textos e imaxes para crear unha antoloxía de obras dadaístas titulada Dadaglobe. Planeaba un lanzamento de 10.000 copias a nivel mundial, mais o proxecto foi abandonado cando o seu principal apoio financeiro, Francis Picabia, se distanciou de Tzara en 1921.[15]

O xornal The Guardian cualificouna como unha «artista radical que trouxo alegría ao dadaísmo». Aínda que o movemento foi descrito como unha forma inicial de cultura pop subversive, mesmo comparada por algunhas fontes co movemento punk, a crítica consideraba que a obra de Taeuber non reflectía anoxo. Considerábaa que eran «abstraccións alegres» creadas como parte dun movemento clasificado como revolucionario pola súa influencia, que desafiaba as convencións artísticas por «xogar con bloques e borranchos de cor, movéndoos de xeito aleatorio e deixando que os patróns aparezan de xeito casual, nunha sorte de jazz visual».[16]

Catro espazos con círculos vermellos (1932) gouache en papel
Relevo en tres niveis (1937 ou 1938)

En 1926 Taeuber-Arp e Hans Arp mudáronse a Estrasburgo onde ambos adquiriron a nacionalidade francesa. Dende entón viviron entre Estrasburgo e París. Alí Taeuber-Arp recibiu numerosos encargos de proxectos de deseño de interior. Un deles foi crear un interior de estilo construtivista para o Café de l'Aubette, un proxecto ao que se lle uniron como colaboradores Hans Arp e Theo van Doesburg. En 1927 Sophie coescribiu con Blanche Gauchat un manual para o seu alumnado de artes de Zürich.[10][17]

Dende finais da década de 1920 Sophie e Hans viviron principalmente en París e continuaron a experimentar co deseño. A parella obtivo a cidadanía francesa en 1926[7] e en 1928 mudáronse a Meudon, nas aforas de París, onde deseñaron a súa casa e algúns dos mobles.[18] A súa casa foi un punto de encontro de artistas e escritores como Nelly van Doesburg, Max Ernst, James Joyce e Méret Oppenheim, entre moitos outros.[19]

Na década de 1930 era membro do grupo Cercle et Carré, fundado por Michel Seuphor e Joaquín Torres García, como adaíl da arte non figurativa, e do sucesor deste, o grupo Abstraction-Création (1931–1934).[7] Taeuber-Arp tamén ilustrou a cuberta do número de febreiro de 1933 de transition, a revista de vangarda de Eugene Jolas.[20]

Sophie Taeuber-Arp explorou o círculo que representou a metáfora cósmica, a forma que contén todo outros. Referiu a este período como “ping imaxes”.[21]

É considerada a primeira artista en utilizar lunares na arte, en obras como Círculos Dinámicos (1934), seguindo o modelo de Kasimir Malevich e o seu Círculo Negro (1915).

Esa mesma década fundou a revista construtivista Plastique en París. O seu círculo de amigos incluía os artistas Sonia Delaunay, Robert Delaunay, Wassily Kandinsky, Joan Miró e Marcel Duchamp.[10] Foi tamén membro de Allianz, un grupo de pintores suízos, entre 1937 e 1943.[7] En 1940 Sophie e Hans fuxiron da ocupación nazi de París e mudáronse a Grasse, na Francia de Vichy. Alí crearon unha colonia de artistas con Sonia Delaunay, Alberto Magnelli e outros. A finais de 1942 fuxiron a Suíza.

Morte e legado

[editar | editar a fonte]

Unha noite a principios de 1943 Sophie perdeu o último tranvía de volta á casa e durmiu nunha casa de verán cuberta de neve.[5] Morreu alí por unha intoxicación accidental de monóxido de carbono causada por unha estufa mal empregada na casa de Max Bill.[10]

En 2014, a exposición de arte e danza Danser sa vie no Centro Georges Pompidou (París) incluía unha fotografía de Taeuber-Arp bailando cunha máscara e un disfrace no Cabaret Voltaire en 1916.[22]

Taeuber-Arp foi a única muller que apareceu na oitava serie de billetes suízos. O seu retrato apareceu no billete de 50 francos entre 1995 e 2016.[10]

En 2007 inaugurouse un museo na honra de Sophie Taeuber-Arp e Hans Arp[23] nunha sección da estación de tren de Rolandseck (Alemaña), deseñado por Richard Meier.[10]

O 19 de xaneiro de 2016 Google creou un Doodle para conmemorar o 127º aniversario do nacemento de Taeuber-Arp. O deseño foi feito por Mark Holmes.[24][25]

  1. ↑ "Taeuber-Arp, Sophie". Historischen Lexikons der Schweiz (HLS) (en alemán).
  2. 1 2 3 "Sophie Taeuber-Arp could make just about anything. That meant a complicated legacy". The Washington Post (en inglés). 31 de decembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2025.
  3. 1 2 "Compositions - Sophie Taeuber-Arp". Hauser & Wirth (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2025.
  4. ↑ "A Swiss Dada Pioneer Finally Gets Her Spotlight". The New York Times (en inglés). 9 de xullo de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2025.
  5. 1 2 Cumming, Laura (18 de xullo de 2021). "Sophie Taeuber-Arp review – the great overlooked modernist". The Guardian (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2025.
  6. 1 2 3 Schelbert, Leo (2014). Historical Dictionary of Switzerland (en inglés). Bloomsbury. p. 369. ISBN 9781442233522.
  7. 1 2 3 4 5 Gaze, Delia (2013). Concise Dictionary of Women Artists (en inglés). Routledge. pp. 651–653. ISBN 9781136599019.
  8. ↑ Arp, Jean (1987). Arp, 1886-1966 (en inglés). Hatje. p. 286. ISBN 9780912964317.
  9. ↑ Schoeser, Mary (maio de 2016). "Sophie Taeuber-Arp: Today is Tomorrow". Textile History (en inglés) 47 (1): 136–138. ISSN 0040-4969. doi:10.1080/00404969.2016.1148388.
  10. 1 2 3 4 5 6 Mair, Roswitha (2013). Handwerk und Avantgarde. Das Leben der Künstlerin Sophie Taeuber-Arp (en alemán). Parthas. ISBN 9783869640471.
  11. ↑ "Five Things to Know About Sophie Taeuber-Arp". Tate (en inglés).
  12. ↑ Pappas, Theoni (1999). Mathematical Footprints: Discovering Mathematical Impressions All Around Us (en inglés). Wide World Publishing/Tetra. p. 127. ISBN 9781884550218.
  13. ↑ Andrew, Nell (xullo de 2014). "Dada Dance: Sophie Taeuber's Visceral Abstraction". Art Journal (en inglés) 73 (1): 12–29. ISSN 0004-3249. doi:10.1080/00043249.2014.918806.
  14. ↑ Blistène, Bernard; Dennison, Lisa, eds. (1998). Rendezvous: Masterpieces from the Centre Georges Pompidou and the Guggenheim Museums (en inglés). Guggenheim Museum Publications. p. 695. ISBN 9780810969162.
  15. ↑ Farago, Jason (16 de xuño de 2016). "A Plan to Spread Dada Worldwide, Revisited at MoMA" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 5 de outubro de 2025.
  16. ↑ Jones, Jonathan (19 de xaneiro de 2016). "Sophie Taeuber-Arp: it's about time the radical dada star got a Google doodle" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2025.
  17. ↑ "Sophie Taeuber-Arp. Plastique multiple unique". Fondation Arp (en francés).
  18. ↑ de Rothschild, Saskia (14 de febreiro de 2013). "Glimpses of Jean Arp’s World". The New York Times (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2025.
  19. ↑ "Discover the Fondation Arp with Ulla von Brandenburg". Art Basel (en inglés).
  20. ↑ Taeuber-Arp, Sophie (febreiro de 1933). "Untitled cover art". transition (22): cubertas anterior e posterior.
  21. ↑ Sophie Taeuber-Arp. 1981. ISBN 0-87070-598-9.
  22. ↑ "Dada Dance: Sophie Taeuber’s Visceral Abstraction". Art Journal (en inglés). 3 de xullo de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2025.
  23. ↑ "The Arps". Arp Museum Bahnhof Rolandseck (en inglés).
  24. ↑ Parsons, Jeff (19 de xaneiro de 2016). "Who was Sophie Taeuber-Arp and why is she commemorated by today's Google doodle?". Mirror (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025.
  25. ↑ "Sophie Taeuber-Arp’s 127th Birthday Doodle". Google Doodles (en inglés).