Sophia (robot)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sophia falando no AI for GOOD Global Summit, Unión Internacional de Telecomunicacións, Xenebra, 2018.

Sophia é un robot social humanoide desenvolvido pola empresa baseada en Hong Kong Hanson Robotics. Sophia foi activada o 19 de abril de 2015[1] e fixo a súa primeira aparición pública en South by Southwest (SXSW) a mediados de marzo de 2016 en Austin, Texas, nos Estados Unidos.[2] É quen de amosar máis que 62 expresións faciais.

Sophia atraeu a atención dos medios de comunicación de todo o mundo despois de participar en entrevistas de alto nivel. Os entrevistadores quedaron sorprendidos pola sofisticación de moitas das respostas de Sophia, mais algúns expertos cren que a maior parte das declaracións significativas de Sophia foron guionizadas.[3]

En outubro de 2017, conseguiu a cidadanía de Arabia Saudita, sendo o primeiro robot en acadar a cidadanía en calquera país. En novembro de 2017, Sophia foi nomeada campioa da innovación no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, sendo o primeiro non humano en conseguir un título das Nacións Unidas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor, Harriet (16 de marzo de 2016). CNBC, ed. "Could you fall in love with robot Sophia?". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  2. PCWorld (ed.). "Meet Sophia, the female humanoid robot and newest SXSW celebrity" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  3. Steinberg, Avi (13 de novembro de 2017). The New Yorker, ed. "Can a Robot Join the Faith?". Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  4. "UNDP in Asia and the Pacific Appoints World’s First Non-Human Innovation Champion". UNDP in Asia and the Pacific (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.