Sonia Martínez Díaz
Biografía | |
---|---|
Educación | Universidade Carlos III de Madrid |
Director de tese | Manuel de León Rodríguez (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira |
Obra | |
Doutorando | Andrew Nicholas Kwok (en) , Minghui Zhu (en) , Andres Cortes (en) , Evan Gravelle (en) , Eduardo Jose Ramirez-Llanos (en) , Beth Boardman (en) e Vishaal Krishnan (en) |
Premios | |
Sonia Martínez Díaz é unha enxeñeira mecánica española investigadora en teoría de control aplicada ao movemento coordinado de grupos de robots e redes de sensores inalámbricos móbiles.[1] É profesora no Departamento de Enxeñaría Mecánica e Aeroespacial na Universidade de California, San Diego.[2]
Educación e carreira
[editar | editar a fonte]Martínez foi a primeira da súa familia en estudar unha carreira universitaria.[3] É licenciada en matemáticas pola Universidade de Zaragoza,[4] titulación que obtivo en 1997,[5] e completou un doutoramento en enxeñaría matemáticana Universidade Carlos III de Madrid, no 2002,[3][2] traballando con Manuel de León Rodríguez, do Instituto de Ciencias Matemáticas.[1][6]
Despois de traballar como profesora axudante, visitante na Universidade Politécnica de Catalunya, foise a USA cunha Fulbright Fellowship postdoutoral para traballar con Francesco Bullo na Universidade de Illinois en Urbana–Champaign e na Universidade de California, Santa Bárbara.[2] Conseguiu unha praza de Profesora na Universidade de California, San Diego en 2005,[2][3] e máis tarde, en 2014, de full professor nesa mesma universidade.[5]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]En 2018, Martínez foi nomeada Socia do IEEE, afiliada ao IEEE Control Systems Society e ao IEEE Robotics and Automation Society, "polas súas contribucións á mecánica e control xeométricos".[7]
Publicacións seleccionadas
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]- Martínez, Sonia; Cortés, Jorge (2002). Design of oscillatory control systems. Proceedings da 41ª Conferencia sobre Decisión e Control do IEEE, pp 1509-1514. 2002. Gañador do premio ao mellor artigo de estudantes.[8]
- Cortés, Jorge; Martínez, Sonia; Karatas, Timur; Bullo, Francesco (2004). Coverage control for mobile sensing networks. IEEE Transactions on Robotic and Automation, 20(2), pp. 243-255.[9]
- Cortés, Jorge; Martínez, Sonia; Bullo, Francesco (2006). Robust rendezvous for mobile autonomous agents via proximity graphs in arbitrary dimensions. IEEE Transactions on Automatic Control 51(8), pp.1289-1298. Denotado como "classic paper" por Google Scholar.[10]
- Martínez, Sonia; Cortés, Jorge; Bullo, Francesco (2007). Motion coordination with distributed information. IEEE Control Systems Magazine, vol 27, nº 4, pp. 75-88. Gañador do mellor traballo publicado no IEEE Control Systems Magazine no 2008.[11]
- Zhu Minghui: Martínez, Sonia (2012). On distributed convex optimization under inequality and equality constraints. IEEE Transactions on Automatic Control 57 (1) pp. 151-164.[12]
Libros
[editar | editar a fonte]- Bullo, Francesco; Cortés, Jorge; Martínez, Sonia (2009). Distributed Control of Robotic Networks: A Mathematical Approach to Motion Coordination Algorithms. Princeton University Press, ISBN 9781-4000831470.
- Zhu Minghui: Martínez, Sonia (2015). Distributed Optimization-Based Control of Multi-Agent Networks in Complex Environments. Springer Briefs in Electrical and Computer Engineering: Control, Automation and Robotics. Springer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sonia Martinez [People in Control]". IEEE Control Systems Magazine 38 (6): 28–30. 2018-12. ISSN 1941-000X. doi:10.1109/MCS.2018.2866652.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Faculty Profile Jacobs School of Engineering". jacobsschool.ucsd.edu. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Sonia Martinez Diaz: Learning Through Teaching". laprensa-sandiego.org. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "Workshop on Geometric Control of Mechanical Systems". motion.me.ucsb.edu. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ 5,0 5,1 "Sonia Martínez. University of California, San Diego, CA - PDF Free Download". docplayer.net. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "Sonia Martínez". mathgenealogy. Consultado o 01-02-2021.
- ↑ "2018 IEEE RAS Fellow Class Announced - IEEE Robotics and Automation Society". www.ieee-ras.org (en inglés). Consultado o 2021-02-01.[Ligazón morta]
- ↑ "In the News - And the winners are ...". IEEE Control Systems Magazine 23 (2): 81–81. 2003-04. ISSN 1941-000X. doi:10.1109/MCS.2003.1188777.
- ↑ Cortes, J.; Martinez, S.; Karatas, T.; Bullo, F. (2004-04). "Coverage control for mobile sensing networks". IEEE Transactions on Robotics and Automation 20 (2): 243–255. ISSN 2374-958X. doi:10.1109/TRA.2004.824698.
- ↑ "Automation & Control Theory - Classic papers - Google Scholar". scholar.google.com. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "IEEE Control Systems Magazine Outstanding Paper Award IEEE Control Systems Society". ieeecss.org (en inglés). Consultado o 2021-02-01.
- ↑ Zhu, M.; Martinez, S. (2012-01). "On Distributed Convex Optimization Under Inequality and Equality Constraints". IEEE Transactions on Automatic Control 57 (1): 151–164. ISSN 1558-2523. doi:10.1109/TAC.2011.2167817.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina persoal Arquivado 13 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- Sonia Martínez Díaz Arquivado 04 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. publicacións indexadas por Google Scholar