Song Hye-rang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Song Hye-rang
Nacemento1935
Lugar de nacementoCorea do Norte
Alma máterUniversidade Kim Il-sung
Ocupaciónescritora
NaiKim Won-chu
FillosYi Han-yong
editar datos en Wikidata ]

Song Hye-rang (coreano: 성혜랑), nada en 1935, é unha escritora norcoreana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un rico terratenente surcoreano emigrou ao norte por razóns políticas, e a súa nai era editora do periódico oficial norcoreano Rodong Shinmun. A irmá menor de Song, a coñecida actriz Song Hye-rim, comezou en segredo un romance con Kim Jong-il contra os desexos do seu pai Kim Il-sung a finais da década de 1960 ou principios da de 1970, o que rematou co divorcio forzado de Hye-rim co seu esposo. Hye-rang soubo da situación o 10 de maio de 1971, cando Kim chegou á súa residencia en medio da noite para informala de que deixara embarazada a súa irmá menor. Cinco anos despois Hye-rang fíxose responsable de criar a Kim Jong-nam, o fillo produto dese embarazo; o seu pai non estaba disposto a deixalo asistir á escola por medo a que se revelase o secreto da súa familia. Hye-rim mudouse á casa da súa irmán xunto con Ri Han-yong e Ri Nam-ok, o seu fillo e a súa filla, para que o pequeno Kim Jong-nam non estivese só. Kim Jong-il manexou coidadosamente as súas vidas para asegurarse de que o seu pai non coñecese a súa relación continua; Pasaron a maior parte do tempo en residencias no leste de Pyongyang e Chungsangdong, e mesmo viaxando ao estranxeiro a Xenebra e Moscova.[1][2]

En 1982 o fillo de Song Hye-rang desertou a Corea do Sur, e a súa filla seguiuna dez anos despois.[1] A propia Song desertou en Xenebra en febreiro de 1996, portando só as súas medicinas, o seu diario e un libro de contos de Anton Chekhov.[3] Despois da súa deserción escondeuse no campo europeo por medo a que a matasen, viaxando cunha muller xaponesa non identificada; o seu fillo foi asasinado a tiros preto da súa casa en Gyeonggi-do, Corea do Sur, por asaltantes descoñecidos ao ano seguinte. Agora Song Hye-rang vive nun lugar nno revelado en Europa.[1][2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • 등나무집:성혜랑 자서전 ("Wisteria House: a autobiografía de Song Hye-rang"; 2000)
  • 北朝鮮はるかなり―金正日官邸で暮らした20年 ("Adeus, Corea do Norte. 20 anos vivindo no palacio de Kim Jong-il; 2001) (en xaponés)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lee, Adriana S. (23 de xuño de 2003). "Secret Lives". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Kim, Song-a (26 de febreiro de 2007). "이한영 피살 10년 추도식 ("Nota en recordo do 10º aniversario do asasinato de Yi Han-yong")". The Daily NK. Consultado o 30 de outubro de 2007. 
  3. "Out of a hidden palace: A memoir of North Korea". The Economist. November 2000. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2007.