Saltar ao contido

Son lenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Son lenda
James Newton Howard Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Título
I Am Legend Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Tema principal
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Época ambientación
 Representa a
Publicación
 Distribuidor/a
 Recadación
585.349.010 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Edicións
Datas
 Data de publicación
19 de decembro de 2007 (Francia)
10 de xaneiro de 2008 (Alemaña)
5 de decembro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración100 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
65/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
68% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
6.3/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0001-D114-0000-D-0000-0000-Z Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gfsq9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0480249 Filmaffinity: 356363 Allocine: 105557 Rottentomatoes: m/i_am_legend Mojo: iamlegend Allmovie: v335700 TCM: 647209 Metacritic: movie/i-am-legend TV.com: movies/i-am-legend
MySpace: iamlegendmovie Netlix: 70060015 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Son lenda (en inglés: I Am Legend) é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Francis Lawrence que se estreou no 2007. É a terceira adaptación da novela homónima de Richard Matheson de 1954, sendo a primeira The Last Man on Earth (1964) e The Omega Man (1971). Smith interpreta o virólogo Robert Neville, que é inmune a un virus creado polos seres humanos orixinalmente para curar o cancro. Traballa para crear unha cura ó tempo que se defende das vítimas do virus, que se converteron en mutantes hostiles.

Warner Bros. comezou a desenvolver Son lenda en 1994, e varios directores e actores foron propostos para o proxecto, pero a produción foi posposta por mor da falta de orzamento. A produción comezou no 2006 en Nova York, sendo rodada en varias localizacións da cidade, e incluíndo unha escena de $5 millóns[1] na Ponte de Brooklyn.

Son lenda foi estreado o 14 de decembro de 2007 nos Estados Unidos e no Canadá, conseguindo a meirande recadación da historia dun filme non relacionado co Nadal en decembro. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2011.[2]

Ano 2012. Robert Neville (Will Smith) é o derradeiro home vivo que hai sobre a Terra, pero non está só. Os demais seres humanos convertéronse en seres irracionais e violentos, e todos queren matalo. Durante o día vive en estado de alerta, como un cazador, e busca os mortos viventes mentres dormen; pero durante a noite debe agocharse deles e agardar ata o amencer. Este pesadelo comezou hai tres anos: Neville era un brillante científico, pero non puido impedir a expansión dun terrible virus creado polo home con fins militares. El sobreviviu porque é inmune ó virus; tódolos días envía mensaxes por radio coa esperanza de que haxa outros superviventes, pero é inútil. O único que pode facer é buscar unha fórmula que lle permita empregar o seu sangue inmune para devolverlles ós homes a súa natureza.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Hollywood Reporter (ed.). "A 'Legend' in the Making". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2008. 
  2. "Son lenda na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]