Somos el mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Somos el mundo 25 por Haití» é unha canción benéfica de 2010 gravada polo supergrupo Artists for Haiti. Escrita por Emilio e Gloria Estefan, é unha adaptación ao español da canción de 1985 "We Are the World". Esta foi escrita por Michael Jackson e Lionel Richie e gravada polo supergrupo USA for Africa para loitar contra a fame negra en Etiopía.[1][Ligazón morta permanente]

Contexto[editar | editar a fonte]

Emilio e Gloria Estefan, xunto con Quincy Jones, Daddy Yankee e outros cantantes, uniron forzas coa canle estadounidense en español Univision. O obxectivo era gravar unha versión en español de "We Are the World" para destinar o recadado ás vítimas do terremoto de Haití. Univision coproduciu e distribuíu a canción, que foi lanzada en marzo.[2]

A versión foi gravada o 19 de febreiro do 2010 no American Airlines Arena de Miami. Olga Tañón foi a primeira en pór a súa voz o 17 de febreiro, xa que tiña compromisos pactados previamente. A cantante interpretou a estrofa que cantara Cyndi Lauper en 1985.[2]

Tamén participaron en gravacións previas Chayanne, José Feliciano, José Luis Rodríguez "El Puma" e Belinda.[2] Esta última non puido viaxar a Miami, polo que a súa parte foi gravada en México.

O videoclip foi estreado o 1 de marzo de 2010 no programa de entrevistas El Show de Cristina, de Univision.

Participantes de Artists for Haiti[editar | editar a fonte]

Dirección[editar | editar a fonte]

Solistas en orde de aparición[editar | editar a fonte]

Entre parénteses, número de aparicións.[3][4]

Daddy Yankee
Belinda
Paulina Rubio
Daddy Yankee
Belinda
Paulina Rubio


Coros[editar | editar a fonte]

 ARG


 CHI


 COL


 CUB


 DOM


 ECU


 ESP


 GTM


 ITA


 MEX


 PAN


 PER


 POR


 PUR


 SLV


 URU


 USA


 VEN


Notas
  • A ^ Tamén participou en We Are the World 25 for Haití.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Descarga dixital[5]
  1. "Somos el Mundo 25 por Haití" — 9:22
Descarga dixital[6]
  1. "Somos el Mundo 25 por Haití" (canción) — 9:20
  2. "Somos el Mundo 25 por Haití" (vídeo) — 9:22

Listas de éxitos[editar | editar a fonte]

Lista (2010) Posición
iTunes Alemaña Música Latina 16[7]
iTunes Bélxica Música Latina 14[8]
iTunes Canadá Música Latina 19[9]
iTunes España 16[10]
iTunes España Música Latina 5[11]
iTunes Francia Música Latina 24[12]
iTunes Italia Música Latina 35[13]
iTunes Xapón 14[14]
iTunes Xapón Música Latina 1 (x6)[15]
iTunes Luxemburgo Música Latina 42[16]
iTunes México 1[17]
iTunes México Música Latina 1[18]
iTunes Suíza Música Latina 14[19]
iTunes EE.UU. Música Latina 3[20]
España Top 50 31[21]
Arxentina Top 100 40[22]
Nicaragua Top 40 3[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. USA for Africa - We Are the World Allmusic.com
  2. 2,0 2,1 2,2 "Cantan juntos “Somos el mundo” por Haití" Arquivado 23 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. Primerahora.com
  3. Farandulin (18 de febreiro de 2010). "Emilio Estefan, Quincy Jones Y Univision Graban La Versión En Español De "We Are The Word"". Farandulin.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2010. 
  4. Billboard.Biz
  5. Somos El Mundo 25 Por Haití - Single iTunes
  6. Somos el Mundo 25 por Haití - Single de Artistas por Haití iTunes
  7. Germany ITunes Top 100 Latino Songs for 18 March, 2010 music-chart.info
  8. Belgium ITunes Top 100 Latino Songs for 22 March, 2010| music-chart.info
  9. Canada ITunes Top 100 Latino Songs for 14 March, 2010 music-chart.info
  10. Spain ITunes Top 100 Overall Songs for 14 March, 2010 music-chart.info
  11. Spain ITunes Top 100 Latino Songs for 14 March, 2010 music-chart.info
  12. France ITunes Top 100 Latino Songs for 25 March, 2010 music-chart.info
  13. Italy ITunes Top 100 Latino Songs for 14 March, 2010 music-chart.info
  14. Japan ITunes Top 100 Overall Songs for 16 March, 2010 music-chart.info
  15. Japan ITunes Top 100 Latino Songs for 13 March, 2010 music-chart.info
  16. Luxembourg ITunes Top 100 Latino Songs for 5 April, 2010 music-chart.info
  17. "Somos el mundo" en iTunes|[Ligazón morta permanente]
  18. Somos el Mundo 25 por Haiti by Artistas por Haiti Chart Summary music-chart.info
  19. Switzerland ITunes Top 100 Latino Songs for 15 March, 2010 music-chart.info
  20. US ITunes Top 100 Latino Songs for 22 March, 2010 music-chart.info
  21. spanishcharts.com - Artistas Por Haiti - Somos el mundo 25 por Haiti
  22. 14 al 20 de marzo de 2010
  23. NICARAGUA Top 40 Semana 28, 2010[Ligazón morta]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]