Saltar ao contido

Somaya Faruqi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSomaya Faruqi
Biografía
Nacemento2002 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Herat Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora, enxeñeira, roboticista Editar o valor en Wikidata
Premios

Somaya Faruqi (tamén escrita Farooqi), nada en Herat en 2002, é unha estudante e enxeñeira afgá, e capitá de Afghan Girls Robotics Team (Equipo de Robótica de Nenas Afgás),[1] tamén coñecidas como as "Afghan Dreamers" ("Soñadoras Afgás").[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi nomeada unha das 100 mulleres da BBC en 2020 e salientable por UNICEF ese mesmo ano, así como na campaña Xeración Igualdade de ONU Mulleres en 2021. Durante a pandemia de COVID-19 en 2020, o seu equipo deseñou un prototipo de ventilador para axudar a combater o coronavirus en Afganistán.[4]