Somalia francesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSomalia francesa
Côte française des Somalis (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 11°36′N 43°06′L / 11.6, 43.1Coordenadas: 11°36′N 43°06′L / 11.6, 43.1
CapitalXibutí Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación100.000 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua francesa
árabe Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación20 de maio de 1896 Editar o valor em Wikidata
Disolución1967 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porTerritório Francês dos Afars e Issas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoterritorio ultramarino (1946–) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor em Wikidata

A Somalia francesa (en francés: Côte française des Somalis (Costa francesa dos somalís) e, despois, Territoire français des Afars et des Issas (Territorio francés dos Afars e dos Issas), foi unha colonia francesa (1896-1946), e logo un territorio de ultramar francés (1946-1967), situado no chamado corno de África, ao redor do golfo de Tadjoura.

Historia[editar | editar a fonte]

A colonia[editar | editar a fonte]

Creada a colonia despois de que Francia asinara diversos tratados entre 1883 e 1887 cos entón gobernantes, sultáns somalís,[1] que permaneceu baixo soberanía francesa desde 1896 até 1967.[2]

A colonia fúndase mediante un decreto do presidente da República Francesa, de 20 de maio de 1896, no que ordena fusionar o territorio de Obock e os protectorados de Tadjourah e do país Danakils co protectorado da Costa dos Somalís.[3]

O Territorio francés dos Afars e dos Isas[editar | editar a fonte]

En 1958, a continuidade da soberanía francesa sobre o territorio foi aprobada por un referendo. Djibuti, como as Comores, non participou no movemento independentista das outras colonias francesas de África en 1960. En xullo dese ano, as antigas Somalia italiana e Somalia británica fusionáronse para formar a República Federal de Somalia, que de contado reivindicou o territorio djibutiano para crear a Gran Somalia.

Co fin de suprimir todas as referencias a Somalia que supuña a denominación Côte française des Somalis, esta denominación substituírase xa en 1946 mediante a utilización de dous etónimos de habitantes do territorio: os Afars e os Issas e, despois de varias reformas económicas e políticas, a colonia pasou a formar un trritorio francés de ultramar co nome de Territorio francés dos Afars e dos Issas.

En agosto de 1966, con ocasión do paso pola zona do xeneral de Gaulle, que fixo un alto no camiño en Etiopía á volta da conferencia de Phnom Penh, produciuse unha primeira manifestación independantista, que foi violentamente reprimida. Novos disturbios en setembro e outubro desde ano non foron contidos polas expulsións masivas, e unha barreira instalouse ao redor da cidade de Djibuti.

En marzo de 1967 un novo referendo confirma o mantemento da soberanía francesas co 60 % doss sufraxios. Porén, noveo disturbiuos foron duramente reprimidos e de numerosos habitantes foron de novo expulsados.

O 14 de xuño de 1967 foi promugado un novo estatuto: a Côte française des Somalis pasa a ser o Territoire français des Afars et des Issas. As responsabilidades de goberno repártenses entre o Estado, representado por un Alto Comisario, e o territorio, dirixido por un xefe do goberno elixido poloa Asemblea territorial. O seu titular foi brevemente Mohamed Kamil Mohamed, e despois por Ali Aref Burhan.

Porén, dez anos despois o nivel de violencia obriga a cuestionar a presenza francesa. Ali Aref retirouse en xullo de 1976, sendo substituído por Abdallah Mohamed Kamil e, tras un novo referendo para optar pola independencia, o territorio logrou independizarse.

Así e todo, a dependencia colonial persistiu, polo que en novembro de 1976 a ONU exixiu a celebración dun referendo de autodeterminación que, convocado o 8 de maio de 1977, abriu o camiño da independencia real da República de Djibuti, que foi efectiva o 27 de xuño de 1977.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hugh Chisholm, ed. (1911): The encyclopædia britannica: a dictionary of arts, sciences, literature and general information, Volume 25, p. 382. University press.
  2. 2,0 2,1 Djibouti en Worldstatesmen.org (en inglés)
  3. Bulletin des colonies, 1896, nº 5, p. 281.