Solución hipotónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A presión osmótica é a presión hidrostática producida por unha solución nun volume dividido por unha membrana semipermeable debido á diferenza en concentracións do soluto.

Unha solución hipotónica, chamada tamén hipotona, é unha solución na cal o solvente (como pode ser un plasma diluído) ten unha menor concentración de soluto (sales, etc.) que a que hai no medio celular interno (ou citoplasma). En condicións hipotónicas, a célula aumentará o seu volume, xa que, nun intento de restablecer o equilibrio osmótico a ambos os dous lados da membrana celular, o solvente difundirá cara ó interior da mesma.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

En bioloxía, unha solución hipotónica é aquela que ten menor concentración de soluto no medio exterior en relación ó medio interior da célula, é dicir, no interior da célula hai unha cantidade de sal maior que da que se atopa no medio na que ela habita.[1] Unha célula mergullada nunha solución cunha concentración máis baixa de materiais disoltos, está nun ambiente hipotónico; a concentración de auga é máis alta (por mor de ter tan poucos materiais disoltos) fóra da célula. Baixo estas condicións, a auga difúndese á célula, é dicir, prodúcese osmose de líquido cara ó interior da célula.

Unha célula en ambiente hipotónica énchese coa auga e pode estoupar; cando se dá este caso nos glóbulos vermellos do sangue, denomínase hemólise. Os organismos que viven en chans de regatos e lagos habitan en auga de choiva modificada, que é un ambiente hipotónico. As células animais sofren o fenómeno de citólise, que leva á destrución da célula, por mor do paso da auga ó interior dela. Doutra banda, nas células vexetais ocorre o fenómeno de presión de turxencia: cando entra auga, a célula enche pero non se destrúe debido á gran resistencia da parede celular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Química, Volumen 2 página 253 books.google.es