Soledad Castro Soliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soledad Castro Soliño
Nacemento25 de maio de 1965
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfondista
editar datos en Wikidata ]

Soledad Castro Soliño, nada o 25 de maio de 1965, é unha atleta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afeccionada aos deportes, comezou xogando nun equipo de fútbol feminino da parroquia de Tameiga, fichando logo polo Abrente e iniciouse no atletismo aos 19 anos, no Celta de Vigo. En novembro do 1992 ficha polo Comesaña Sporting Club. No seu palmarés conta con numerosas medallas en campionatos a nivel galego e español en campo a través, 10.000 m, 3.000 m e medio maratón. Nas competicións internacionais salientan: en 2002 Campioa de Europa veterana de 5.000 m e 10.000 m en Potsdam (Alemaña); en 2003 Campioa do Mundo veterana de 10.000 m e Subcampioa do Mundo veterana de Campo a Través e 5.000 m en Carolina (Porto Rico); en 2004 Subcampioa de Europa de 5.000 m e 10.000 m en Århus-Randers (Dinamarca); en 2005 Campioa de Europa W35 de Medio Maratón, 2ª xeral en Monte Gordo (Portugal).

Colabora nas páxinas de cultura do periódico A Peneira, cunha sección titulada Historias do tranvía onde asina como M. Soledad Castro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]