Soldada republicana en Barcelona
| Soldada republicana en Barcelona | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Imaxe tomada con
| |||||
| Autoría | |||||
|
Creador/a
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Data de creación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |

Soldada republicana en Barcelona, tamén coñecida como Miliciana republicana en Barcelona, é unha fotografía de Gerda Taro. Foi tomada en 1936, ao comezo da guerra civil española.
Tras anos de esquecemento,[1] a fotografía converteuse en icona[2] mundial do compromiso das mulleres na guerra civil española.[3]
Presentación
[editar | editar a fonte]
A fotografía mostra unha miliciana republicana axeonllada no chan cunha arma[4] durante un adestramento na praia de El Somorrostro de Barcelona, no barrio de La Barceloneta.[5] Foi publicada por primeira vez no semanario francés Vu.[6]
Cun formato cadrado de 6 x 6 cm, a foto foi tomada coa Rolleiflex coa que Gerda Taro cubriu a guerra civil española en Cataluña.[7]
Escenario da fotografía
[editar | editar a fonte]A praia de El Somorrostro, lugar onde se tomou a instantánea, atópase fronte o Hospital del Mar. O centro sanitario barcelonés colleu sona polo filme Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar (1999).[8]
O recinto, histórico no mundo da arte e da historia da guerra civil española, atópase adxacente ao Port Olímpic de Barcelona, nas inmediacións da escultura El Peix do arquitecto canadense Frank Gehry.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedinielli, Michèle (26 de agosto de 2019). "Gerda Taro, photographe oubliée de la guerre d’Espagne". RetroNews (en francés). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2024. Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ Constant, Alain (25 de xuño de 2021). "«Sur les traces de Gerda Taro», sur France 5: la courte et intense vie d’une pionnière du photojournalisme". Le Monde (en francés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ Warlop, Juliette (25 de xuño de 2021). "Sur France 5: Gerda Taro, la photographe de guerre éclipsée par Robert Capa". Télérama (en francés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ Watling, Sarah (26 de xaneiro de 2023). "The unflinching gaze of Gerda Taro". Apollo (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ Ropert, Pierre (1 de agosto de 2018). ""Gerda Taro, c'est pire qu'un effacement, c'est sa disparition"". Radio France (en francés). Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ "En attendant Robert Capa" (en francés).
- ↑ Launay, Madeleine (26 de xullo de 2017). "Gerda Taro: la compagne de Capa sort de l’ombre". Polka (en francés). Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ Balistrou, Camélia (28 de agosto de 2022). "Sur les traces de Tout sur ma mère à Barcelone". Equinox (en francés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soldada republicana en Barcelona |