Solar Mesosphere Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
SME / Solar Mesosphere Explorer / Explorer 64
Solar Mesosphere Explorer.jpg
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisBall Aerospace
Data de lanzamento6 de outbro de 1981[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 2310[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Duración da misión7 anos[6]
Obxectivo da misiónEstudo do ozono na alta atmosfera.[2][6]
Decaemento5 de marzo de 1991[1]
NSSDC ID1981-100A
Masa145,0 kg[2][5][6]
DimensiónsCilindro de 1,7 m de alto e 1,25 m de diámetro[2]

Solar Mesosphere Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo SME e como Explorer 64, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 6 de outubro de 1981 mediante un foguete Delta 2310 desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de SME foi estudar a creación e destrucción do ozono na mesosfera terrestre e na estratosfera superior, relacionándoo co fluxo de luz solar ultravioleta e coa temperatura en ditas capas atmosféricas. Tamén investigou a relación entre o ozono e o vapor de auga e o dióxido de nitróxeno.[2][3][4][5]

O satélite, pertencente ao programa Explorer, estabilizábase mediante xiro a 5 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano orbital, e estaba situado nunha órbita heliosincrónica. Tiña forma de cilindro de 1,7 m de alto e 1,25 m de diámetro e estaba composto por dous módulos: o módulo de observación, cos instrumentos científicos, e o bus da nave, cos sistemas de enerxía, propulsión e comunicacións. O sistema de mando e control podía executar comandos tanto en tempo real como almacenados na memoria do satélite. A enerxía era proporcionada por células solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio.[2][3][4][5]

Como instrumentos, SME levaba a bordo un espectrómetro solar ultravioleta, un espectrómetro no ultravioleta para o ozono, un radiómetro infravermello, un espectrómetro para lonxitudes de onda de 1,27 micrómetros e un espectrómetro para o dióxido de nitróxeno, así como un detector de protóns solares para o rango entre 30 e 500 MeV.[2][3][4][5]

Tódolos instrumentos da nave foron apagados en decembro de 1988 por problemas de enerxía a bordo. O contacto co satélite perdeuse o 14 de abril de 1989 despois dun fallo coa batería e reentrou na atmosfera terrestre o 5 de marzo de 1991.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SME" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (21 de marzo de 2017). "SME" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Note verbale dated 17 December 1981 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-00378). 7 de xaneiro de 1982: 3. Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Claude Lafleur (2017). "SME / Solar Mesosphere Explorer" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SME" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2017). "SME" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017.