Solange Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Solange Pereira
Solange Pereira 2018.jpg
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento15 de decembro de 1989 (31 anos)
Portugal
Deporte
PaísEspaña
DeporteAtletismo
ClubValencia Terra i Mar
editar datos en Wikidata ]

Solange Andrea Pereira da Ponte, nada o 12 de decembro de 1989 en Portugal, é unha atleta galega, especialista en carreiras de medio fondo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse na illa de Fuerteventura e sendo aínda unha nena trasladouse a Cangas. É licenciada en Actividade Física e Deporte.

Iniciouse no atletismo nas Illas Canarias, onde competía co club Playas de Jandía. Ao trasladarse Galicia competiu entre outros co Club Atletismo Bikila. Pereira corre tanto probas de pista como de cross-country, se ben a súa especialidade son as probas de medio fondo, dende o 800 m. á milla, pasando polo 1500 m.

En 2014 chegou á final dos 1500 m no campionato de España, onde foi segunda. En 2015 proclamouse campioa de España de 1500 m, en inverno en pista cuberta e en verán ao aire libre. Tamén nese ano se proclamou campioa de España da milla. En 2017 participou no Campionato do Mundo de Atletismo, celebrado en Londres.

Compite co Valencia Terra i Mar, un club valenciano, dentro do Campionato de Europa por equipos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]