Saltar ao contido

Soiuz T-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz T-15
TipoTripulada
Data de lanzamento13 de marzo de 1986, 12:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión125,0 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coas estacións espaciais Saliut 7 e Mir.[2][6]
Regreso16 de xullo de 1986, 12:34 GMT[1][6]
NSSDC ID1986-022A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz T-15 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de marzo de 1986 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz T-15, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha misión lanzada para ser a primeira en acoplarse coa estación espacial Mir e viaxar logo á estación Saliut 7, converténdose na primeira nave espacial en viaxar entre dúas estacións espaciais.[2][3][4][5]

A bordo da Mir a tripulación adicouse a facer diversos experimentos científicos e tecnolóxicos. O 17 de abril a estación manobrou para asemellar a súa órbita á da Saliut 7, cunha separación de 4000 km. O 5 de maio, tras seis semanas a bordo da Mir, Kizim e Solovyov partiron na Soiuz T-15 cara a Saliut 7 nunha misión para reparala e poñela en marcha. Os cosmonautas acopláronse manualmente coa Saliut 7 e atopárona xeada e sen enerxía eléctrica. Tras un duro traballo conseguiron recuperar enerxía e restaurar o sistema de mantemento de vida, así como recuperar experimentos deixados a bordo pola tripulación anterior. A Soiuz T-15 deixou a estación o 25 de xuño tras 51 días acoplada á Saliut 7, regresando á Mir ao día seguinte, levando consigo 400 kg de material científico.[2][3][4][5]

Os cosmonautas regresaron a terra o 16 de xullo de 1986 ás 12:34 GMT, a uns 55 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 "Note verbale dated 27 June 1986 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-18295). 8 de xullo de 1986: 2. Consultado o 29 de outubro de 2017.
  4. 1 2 3 4 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-15" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz T-15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017.