Saltar ao contido

Soiuz 7K-LOK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 7K-LOK
Descrición
Función: Misións lunares.
Tripulación: Deseñada para dous tripulantes, nunca chegou a voar con cosmonautas a bordo.[1][2]
Dimensións
Altura:: 10,06 m
Diámetro: 2,2 m
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 9850 kg[2]
Volume Presurizado: -
Enerxía Eléctrica
Fonte: Células de comsbutible
Tamaño:
Enerxía Xerada:
Motores a bordo
Motor principal: 1 x Bloque I
Propulsores: 24 propulsores para control de actitude.
Rendemento
Resistencia:
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur
Rampla:
Foguete Acelerador: N1

Soiuz 7K-LOK foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións lunares. Foi o maior tipo de Soiuz xamais desenvolvido, pero finalmente non chegou a alcanzar o espazo.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A 7K-LOK foi a réplica soviética ao módulo de mando e servizo Apollo dos Estados Unidos, pensada para levar aos cosmonautas á órbita da Lúa. Era completamente diferente das Soiuz tradicionais en moitos aspectos, cun sistema de acoplamento máis lixeiro, un módulo frontal para o sistema de control de reacción, unha cúpula desde a que un cosmonauta podería dirixir un acoplamento manual co módulo lunar e un módulo de servizo cun motor moito máis potente que calquera usado ata entón nos demais modelos. O módulo de regreso era basicamente igual, aínda que máis pesado, que no resto das Soiuz . O sistema de xeración de enerxía a bordo tamén era novedoso, usando células de combustible alimentadas por hidróxeno e osíxeno líquidos, como nas naves Apolo, en lugar de por paneis solares.[1][2]

O único intento de lanzamento dunha Soiuz LK-OK, non tripulada, tivo lugar o 23 de novembro de 1972 a bordo dun foguete N1 que finalizou en fracaso debido á explosión do foguete.[1][2]

Partes[editar | editar a fonte]

A Soiuz 7K-LOK constaba das seguintes partes, de diante para atrás:

  • SU (Stikovochniy Uzel, Dispositivo de Acoplamento): era un cono truncado de 455 mm de longo terminado en tres sondas para acoplarse firmemente co módulo lunar ou outra Soiuz . Tiña a vantaxe de non necesitar unha aliñación moi precisa para poder facer o acoplamento coa outra nave.
  • DOK (Dvigateliy Orbitalniy Kompleks, Sistema de Propulsión Orbital): tería proporcionado orientación para a nave durante a fase de transferencia translunar e na órbita lugar. Tiña forma de cono truncado de 790 mm de longo con seis tanques esféricos de propelente na parte frontal. A masa do módulo era de 800 kg, incluíndo 300 kg de propelente.
  • BO (Bitovoy Otsek, Módulo Habitable): similar ó das Soiuz básicas, pero máis amplo e cunha cúpula no frontal para poder facer acoplamentos visuais. Unha portela comunicaba o BO co módulo de descenso, mentres que outra daba acceso ao espazo.
  • SA (Spuskaeniy Apparat, Módulo de Descenso): parecido ao módulo de descenso das Soiuz normais, tiña un escudo térmico máis groso para soportar as maiores temperaturas da reentrada desde distancias lunares, e contaba con dúas portelas, unha conectada ao BO e outra para acceso directo ao espazo.
  • PO (Perekhodnoy Otsek, Compatimento de Transición): tratábase dun cono truncado que conectaba o SA á parte posterior da nave aloxando motores para manobras de traslación.
  • AO (Agregatniy Otsek, Compartimento do Motor): con forma de cilindro, aloxaba o tanque esférico de propelente para o motor principal Bloque I e estaba recuberto de 24 paneis para termorregulación.
  • Bloque I: conxunto de motor e tanque de propelente de 1,9 m de diámetro con 3152 kg de tetróxido de nitróxeno e UDMH.
  • EO (Energo-Otsek, Módulo de Enerxía): tería conectado a Soiuz co módulo lunar durante o lanzamento. Aloxaba as células de combustible para proporcionar enerxía á nave e estaba recuberto de radiadores para refrixeración.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Zond (LOK, L2)" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-LOK" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]