Sofie Lithenius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofie Lithenius
Nacemento24 de abril de 1847
  Turku, Gran Ducado de Finlandia
Falecemento11 de marzo de 1926 (78 anos)
 Finlandia Turku, Finlandia
NacionalidadeFinlandia
Na rede
Musicbrainz: cfa0b718-9919-4859-a712-f1cb39150d01 Discogs: 965049 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sofie Lithenius, nada o 24 de abril de 1847 en Turku (Finlandia) e finada na mesma cidade o 11 de marzo de 1926, foi unha mestra e compositora finlandesa. Lithenius xogou un importante papel na historia da música vocal finlandesa, así como no ensino musical no seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sofie Lithenius naceu o 24 de abril de 1847 en Turku, daquela no Gran Ducado de Finlandia e actualmente en Finlandia. Seu pai Henrik Lithenius era un mestre torneiro e frautista afeccionado. Seu irmán Anton tamén tiña inclinacións musicais, xa que tocaba o violín na casa. A pesar de que lle prohibiran facelo, Sofie probou ambos instrumentos. A fascinación da nena pola música levouna a soñar con ser unha música profesional, aínda que a inviabilidade económica, xunto coa falta de apoio de seus pais ás súas aspiracións imposibilitaron a materialización do seu soño.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Koivisto, Nuppu (25 de setembro de 2020). "A celebration of historical Finnish women who wrote music, Part 6: Sofie Lithenius" (en inglés). Finnish Music Quarterly. Consultado o 21 de novembro de 2020.