Sofia Kenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofia Kenin
Kenin RG19 (7) (48199245357).jpg
Nacemento14 de novembro de 1998
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióntenista
Na rede
http://www.sonyakenin.us e https://sonyakenin.com
Facebook: SonyaKenin Twitter: sonyakenin Instagram: sonyakeninn Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sofia "Sonya" Kenin , nada en Moscova o 14 de novembro de 1998 é unha tenista estadounidense, clasificada como a xogadora 139 do mundo en agosto de 2017 [1].

Sofía Kenin, 2015

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Júnior[editar | editar a fonte]

En 2014 gañou a Fed Cup Júnior como membro do equipo dos Estados Unidos e nese ano tamén representou ao seu pais nos Xogos Olímpicos Júnior de Nanjing En 2015 gañou o Campionato Nacional do USTA feminino e chegou á final do US Open Júnior, clasificándose como a número 2 do ITF júnior.

Profesional[editar | editar a fonte]

En 2016 gañou os seus dous primeiros títulos como profesional da ITF en Wesley Chapel (Florida) e Sacramento (California). No US Open de 2017 superou a primeira rolda por vez primeira, derrotando a Lauren Davis e Sachia Vickery, antes de perder coa campioa de 2006, Maria Sharapova, na terceira rolda.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sofia Kenin Arquivado 03 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na Federación Internacional de Tenis
  2. "US Open 2017 Women's Singles Draw." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 03 de setembro de 2017.