Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia foi unha empresa galega de capital público, integrada na Consellería do Medio Rural e que tiña por obxectivo apoiar o desenvolvemento rural. Entre eses labores de apoio estaba o de realizar actividades de investigación e estudos sobre desenvolvemento e planificación do medio rural.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1996 e disolta en 2008.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Dependía da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. O conselleiro delegado da sociedade era o director xeral dese departamento.

Internamente, articulábase nunha xerencia e tres subdireccións.

  • A xerencia ocupábase da xestión diaria da sociedade conforme o sinalado polo consello de administración e polo conselleiro delegado.
  • A subdirección do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) é unha unidade de carácter técnico que produce e proporciona información de cartografía. Nesa produción de mapas integra datos socioeconómicos, físicos e de infraestruturas.
  • A subdirección de Dinamización Comarcal xestiona as actividades da rede dos quince centros comarcais que funcionan en Galicia.
  • A subdirección Técnica e de Estudos é a unidade que xestiona dende o punto de vista técnico o mantemento da rede de centros comarcais, ademais de elaborar os plans de desenvolvemento comarcal e de conseguir financiamento europeo para os proxectos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]