Saltar ao contido

Sociedade aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A sociedade aberta é un concepto que foi orixinalmente creado polo filósofo franco-xudeu Henri Bergson en 1932.[1][2] Segundo el, esas sociedades teñen gobernos que son tolerantes e responden os desexos e inquietudes da cidadanía con sistemas políticos transparentes e flexibles. Os órganos do Estado non manteñen segredos entre si ou do público. Nin o goberno nin a sociedade son autoritarios e o coñecemento común ou social pertence a todos. A liberdade política e os dereitos humanos son os principios fundamentais que rexen a sociedade aberta.

Na definición de Karl Popper, atopada no seu libro de dous volumes The Open Society and Its Enemies a "sociedade aberta" é aquela que se asegura de que seus líderes poidan ser destituídos sen a necesidade de derramamento de sangue, por oposición ás sociedades autoritarias nas cales unha violenta revolución ou un golpe de estado se fai necesario para alterar o seu liderado. Engade que nunha "sociedade aberta" "os individuos encaran decisións persoais", por oposición ás "sociedades máxicas, tribais ou coleticvistas".[3].

O concepto de "sociedade aberta" de Popper é máis epistemolóxico que político.[4] De acordo coa súa teoría, o feito de que o coñecemento humano é provisional e imperfecto implica a necesidade de que as sociedades estean abertas a distintos puntos de vista. Pretensións ó dominio de certos coñecementos e da verdade final conducen á imposición dunha única versión da realidade.[4] Contrastando con iso, nunha "sociedade aberta" cada cidadán debe formar a súa propia opinión sobre a realidade e para iso é necesario ter liberdade de expresión e de pensamentos, e o mantemento de institucións legais e culturais que a favorezan. Unha "sociedade aberta" tamén debe ser pluralista e multicultural para que se poida beneficiar da análise do maior número de puntos de vista nos seus problemas.[4]

  1. • Henri Bergson ([1932] 1937). Les Deux Sources de la morale et de la religion, ch. I, pp. 1–103 and ch. IV, pp. 287–343. Félix Alcan.
    • Translated as ([1935] 1977), The Two Sources of Morality and Religion Internet Archive (left or right arrow buttons select succeeding pages), pp. 18–27, 45–65, 229–234., trs., R. A. Audra and C. Brereton, with assistance of W. H. Carter. Macmillan press, Notre Dame.
  2. Leszek Kołakowski, Modernity on Endless Trial (1997), p. 162
  3. Popper, K., "The Open Society and Its Enemies, Volume One", Routledge (1945, reprint 2006), chapter 10 part I
  4. 1 2 3 Soros, George, "The Age of Fallibility", PublicAffairs, 2006