Saltar ao contido

Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SCD Atlántida de Matamá
Fundación1963
EstadioPenedo da Moo
PresidenteCristian González
LigaPreferente Galicia
Na rede
Twitter: atlantidaMatama Instagram: atlantidamatama Editar o valor en Wikidata

Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, ou de xeito abreviado, Atlántida de Matamá, é un club de fútbol da parroquia viguesa de Matamá. Foi fundado en 1963. En 2024 ascendeu, por vez primeira na súa historia, á categoría de Preferente Galicia.[1] En 2013, a entiedade foi nomeada como "Vigués Distinguido"[2]. O seu campo é o Penedo do Moo, en Matamá, onde xoga os seus partidos coma local. Esta denominación provén do penedo que existe detrás dunha das porterías.[3]

As orixes da SCD Atlántida de Matamá remóntanse ao ano 1915, cando xa se documentan partidos de fútbol na praza de San Mauro, en Matamá. Após de xogar en varios equipos de afeccionados, fórmase a Sociedad Deportiva y Recreativa Atlántida de Matamá, o que sería a precursora do club actual.

As primeiras cores do uniforme foron a camisola a raias verticais de seis centímetros de ancho en cores vermello e negro, pantalóns brancos con raias verticais negras finas dun centímetro de ancho e medias de cor escura.[4]

Existen rexistro de partidos amigábeis disputados fronte ao Comesaña Sporting Club, San Pelayo de Navia, Arenas de Alcabre, Anduriña das Carneiras, Estrela de Santo Tomé de Freixeiro e o Deportivo Coia.

A sociedade actual foi fundada en 1963 de xeito oficial.

  1. "El histórico Atlántida Matamá, que hace seis años estaba en Tercera Regional, firma su primer ascenso a Preferente.". La Voz de Galicia. Consultado o 16 de marzo de 2025. 
  2. "Medio siglo animando Matamá". Faro de Vigo. Consultado o 16 de marzo de 2025. 
  3. "Renace el campo da Móo.". Faro de Vigo. Consultado o 16 de marzo de 2025. 
  4. "Historia de Cultural de Matamá". culturalmatama.com. Consultado o 16 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]