Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro
Tipoasociación
Data de fundación1 de setembro de 1907
SedeA Habana
PaísCuba
editar datos en Wikidata ]

A Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro foi unha sociedade de emigrante galegos do concello do Valadouro en Cuba, fundada en 1907.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundada na Habana o 1 de setembro de 1907 por Valentín Nécega Rivas, Juan R. Álvarez, Ángel Mandiá Reigosa, José F. Vidal, Antonio Vila Ares, Constantino Romero Cortiñas, Manuel Díaz Lestegás, José Mandiá Reigosa, Generoso Díaz Villar, Francisco Moscoso Febrero e Francisco Janeiro Goás. Francisco Janeiro foi o seu primeiro presidente; Andrés Canoura Palmeiro foi o seu presidente de honra e o seu fillo Ramón Canoura Fernández foi presidente en 1925. Creou escolas no Cadramón, Vilacampa e Bacoi, tamén participou na construción das escolas de Moucide, San Tomé e Santa Cruz e en 1933 grazas á achega da Sociedade puido rematarse a escola de Adelán. Apoiou a edición do periódico Brisas del Oro no Valadouro, e editou o boletín mensual Valle del Oro (1925-1926).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Viveiro Mogo, Prudencio (2021). Os irmáns de América. Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-84-8487-542-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]