Sobreiral do Arnego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sobreirais do Arnego»)

Coordenadas: 42°46′0.72″N 8°05′22.2″O / 42.7668667, -8.089500

Sobreiral do Arnego
Sobreira do Arnego coa cortiza densa
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, Árbore senlleira
Ano de constitución: Decreto 37/2014
Superficie: 1.537 Ha.
Lexislación:
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Agolada, Lalín, Vila de Cruces
Ríos: Arnego
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Sobreiral do Arnego é unha área forestal no val do río Arnego formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber), especie propia dun clima máis suave que logrou prosperar grazas ás condicións climatolóxicas que presenta este enclave. No curso do río Arnego e no val de Carmoega dáse un microclima específico con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras. É un espazo natural declarado Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 1537 ha e abarca os concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces. Esténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla.

Configúrase como principal masa forestal representativa da fraga atlántica con influencia mediterránea presente na conca do río Ulla. Como especies máis representativas destacan o carballo e a sobreira. Tamén ao longo do río hai presenza de amieiros. A zona acolle unha fauna rica e diversa na que está presente un amplo abano de especies asociadas a áreas de mato e bosque de ribeira.

Nesta área está a praia da Ponte Vilariño, cunha área de recreo e un manancial de augas termais entre as ruínas dun antigo balneario.[1]

Exposición a riscos[editar | editar a fonte]

O sobreiral está amparado polas medidas de protección asociadas ás figuras da Rede Natura 2000 e os LIC. Tamén se aprecia o traballo desenvolvido pola chamada rede de custodia Ulloa-Arnego. Aínda así, persisten as ameazas a este contorno. Por unha banda o proxecto -actualmente paralizado- de construción de varios encoros que anegarían boa parte do sobreiral. Por outra banda, as sobreiras presentaron diversas doenzas a consecuencia do contaxio a través das ferramentas dos recolectores de cortiza.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]