Sobreira de Abaixo, Fornas, Chantada
| Sobreira de Abaixo | |
|---|---|
| Parroquia | Fornas |
| Concello | Chantada |
| Coordenadas | 42°37′21″N 7°47′24″O / 42.622537921781, -7.7901262933191 |
| Poboación | 52 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Sobreira de Abaixo é un lugar da parroquia de Fornas no concello lugués de Chantada, na comarca de Chantada.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, tiña, xunto co veciño lugar de Sobreira de Arriba, 52 habitantes en 2024 (22 homes e 30 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2009, cando tiña 56 habitantes[1].
Economía
[editar | editar a fonte]Sobreira de Abaixo está constituído por cinco casas de campo, cada unha coas súas terras. A actividade orixinal era a labranza e o autoconsumo ademais da venda de leite e carne de vacún principalmente. As terras son ricas e dedicadas fundamentalmente a pradería, tamén abundan as carballeiras e hai algo de forraxes principalmente millo.
En Sobreira de Abaixo están as instalacións de ICOS, sociedade cooperativa dedicada á actividade agraria principalmente, aínda que ultimamente está transvasando as súas competencias.
Festas
[editar | editar a fonte]Na actualidade este é o lugar de celebración da "Festa da Empanada" durante as festas patronais da vila no mes de agosto.
As festas do lugar son en maio na honra da Virxe de Lourdes así como da súa parroquia San San Cristovo de Fornas, estas festas seguen o patrón das festas de campo e son principalmente para reunións familiares aínda que na actualidade percíbese un declive deste costume.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Fornas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Fornas no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
Ansoar | Fornas de Abaixo | Fornas de Arriba | Sobreira de Abaixo | Sobreira de Arriba |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.