Sobre os males que provoca o tabaco
Sobre os males que provoca o tabaco | |
---|---|
![]() Portada da edición de 1831. | |
Título orixinal | О вреде табакаr |
Autor/a | Anton Chekhov |
Orixe | Rusia |
Lingua | Ruso |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Páxinas | 66 (gl) |
ISBN | ISBN 84-7824-098-5 |
Tradución | Francisco Pillado Mayor |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sobre os males que provoca o tabaco[1] (en ruso: О вреде табака; romanizado como O vredye tabaka) é unha obra dun só acto de Anton Chekhov. Ten un único personaxe, Ivan Ivanovich Nyukhin. Foi publicada por vez primeira en 1886, mais foi revisada por Chekhov e a versión máis coñecida é a de 1902.
Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola editorial Sotelo Blanco no ano 1991.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2]
Argumento[editar | editar a fonte]
A acción ten lugar nunha pequena vila. A esposa de Nyukhin dille que dea unha conferencia sobre "os efectos nocivos do tabaco", aínda que el é fumador. Pola súa banda, el salienta que será unha conferencia seca e aburrida, mais sempre pospón o tema real ó falar sobre os seus problemas coa súa dominante esposa.
Nyukhin quere enfrontarse á súa esposa, quere fuxir, esquecer e estar só. Quita o chaleco vello e en mal estado (unha metáfora de si mesmo). Ó final do monólogo, Nyukhin apenas dixo nada relevante sobre os efectos nocivos do tabaco, pero pídelle á audiencia que non o traizoen.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Sobre os males que provoca o tabaco. Traducido por Francisco Pillado Mayor (1ª ed.). Barcelona: Sotelo Blanco. 1991. ISBN 84-7824-098-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Sobre os males que provoca o tabaco. Traducido por Francisco Pillado Mayor (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-200-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Schmidt Paul, The Plays of Anton Chekhov, A New Translation, Harper Perennial ISBN 978-0-06-092875-9