Saltar ao contido

Sleepers (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sleepers
 Instancia de
 Título
Sleepers (en) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Datas
 Data de publicación
18 de outubro de 1996 (Estados Unidos de América)
30 de xaneiro de 1997 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar á mellor banda sonora dramática (11 de febreiro de 1997) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 150 min Editar o valor en Wikidata
Recadación165615285 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-537C-0000-T-0000-0000-O Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/035xwd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
73% Rotten Tomatoes (11 de xaneiro de 2026)
49/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
6.6/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0117665 Filmaffinity: 176716 Allocine: 15709 Rottentomatoes: m/1073595-sleepers Mojo: sleepers Allmovie: v154494 TCM: 324270 Metacritic: movie/sleepers Netlix: 973057 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sleepers é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por Barry Levinson. Baséase na novela homónima de Lorenzo Carcaterra[1] que afirma relatar feitos reais, aínda que foi moi discutido[2][3]. O título é un termo de xerga para os delicuentes mozos que cumpren penas superiores a nove meses[4]. Foi lanzado nos Estados Unidos o 18 de outubro de 1996[5], recadando máis de 165 millóns de dólares para un orzamento inicial de 44 millóns de dólares[6].

Durante os anos 60, a igrexa dos Santos Ánxeles e a súa escola eran o centro da "Cociña do Inferno", un barrio marxinal de Nova York. Alí podían refuxiarse os nenos marxinados. Lorenzo "Shakes" Carcaterra, Tommy Marcano, Michael Sullivan, e John Reilly John son catro amigos que tratan de sobrevivir nun barrio de inmigrantes e cuxa única guía moral é o padre Robert Carillo, un home criado nas rúas que intenta que non se desvíen do bo camiño. Porén, tras unha falcatruada colectiva na que case morre un home, os catro rapaces son enviados ó Fogar Wilkinson.

O centro correccional ten uns vixiantes que maltratan aos petís internos con todo tipo de vexacións, agresións e violacións. Anos máis tarde, dous deles, Reilly e Marcano, delincuentes armados tópanse nun bar cun dos gardas responsábeis dos abusos, Sean Nokes, e mátano.

No xuízo, revélanse os malos tratos aos que se sometían aos rapaces no centro de menores e o sacerdote do barrio, o padre Bobby,  que coñecía os cativos desde pequenos, declara en falso baixo xuramento que os mozos estaban con el nun encontro de baloncesto o día do asasinato á hora do crime conseguindo que o xurado absolva aos xoves.

O filme remata aludindo a que as autoridades de Nova York negan a veracidade dos feitos, aínda que o autor da narración afirma que son verdadeiros e que só cambiou os nomes, os lugares e as datas dos acontecementos.

Técnica narrativa

[editar | editar a fonte]

O filme vai alternando lembranzas dos feitos da infancia cos acontecementos presentes na adultez utilizando a analepse ou flashback como recurso continuo polo que os protagonistas infantís son representados por dous actores, un cativo e outro adulto. Os sucesos son narrados por un deles como narrador protagonista (Lorenzo), que se escoita con voz en off durante o filme.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1996: Nomeado ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal.
  1. "LORENZO CARCATERRA - SLEEPERS". www.lorenzocarcaterra.com. Consultado o 2023-02-26.
  2. Streitfeld, David (1995-07-26). "SLEEPERS': A RUDE AWAKENING?". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-02-26.
  3. Ebert, Roger. "Sleepers movie review, film summary (1996)". www.rogerebert.com/ (en inglés). Consultado o 2023-02-26.
  4. "sleeper - WordReference.com Dictionary of English". www.wordreference.com (en inglés). Consultado o 2023-02-26.
  5. "Sleepers". Box Office Mojo. Consultado o 2023-02-26.
  6. "Sleepers (1996) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 2023-02-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]