Slay Tracks (1933-1969)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Slay Tracks (1933-1969)
EP de Pavement
Data de edición: 1989
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: 17 de xaneiro de 1989
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: 14:02
Xénero musical: indie rock, lo-fi
Selo discográfico: Treble Kicker
Producido por: Gary Young
Cronoloxía
- Slay Tracks (1933-1969) Demolition Plot J-7

Slay Tracks (1933-1969) (tamén coñecido só como Slay Tracks) é o EP de estrea da banda estadounidense de indie rock Pavement. O grupo, que naquel momento estaba formado polos membros fundadores Stephen Malkmus (guitarra, voces) e Scott Kannberg (guitarra), gravou Slay Tracks co produtor e futuro integrante Gary Young (batería) nunha sesión de catro horas. O EP lanzouse nun disco de vinilo de 7" a través do propio selo da banda Treble Kicker en 1989. A música de Slay Tracks está influenciada por grupos de indie e punk rock como Swell Maps e The Fall, e moitas das letras están inspiradas na vida no lugar de orixe da banda, en Stockton, California.

Aínda que só se fabricaron 1 000 copias de Slay Tracks, o EP foi un éxito no underground. En xeral tivo unha boa resposta entre os críticos, aínda que a meirande parte das críticas iniciais proviñan de publicacións independentes. As cancións de Slay Tracks aparecerían posteriormente no recompilatorio de 1993 Westing (By Musket and Sextant), acadando unha audiencia máis ampla que a inicial edición limitada do EP.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas copostos por Stephen Malkmus.

  1. "You're Killing Me" – 3:20
  2. "Box Elder" – 2:26
  3. "Maybe Maybe" – 2:14
  4. "She Believes" – 3:02
  5. "Price Yeah!" – 3:00