Slavomir Miklovš
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1934 Đurđevo, Serbia |
Morte | 21 de xullo de 2011 (77 anos) Novi Sad, Serbia |
Bispo diocesano | |
22 de xaneiro de 1983 – 25 de maio de 2009 ← Gabrijel Bukatko (en) – Nikola Kekić (en) → Diocese: Eparquia Greco-Católica de Križevci (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Zagreb |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1983–), sacerdote católico (1964–) |
Consagración | Myroslav Stefan Marusyn |
Premios | |
Slavomir Miklovš, nado o 16 de maio de 1934 en Đurđevo (hoxe Serbia) e finado o 21 de xullo de 2011 en Novi Sad, foi un eclesiástico da Igrexa católica bizantina en Croacia, Serbia e Montenegro, bispo de Križevci entre 1983 e 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Slavomir Miklovš naceu en Đurđevo o 16 de maio de 1934, o oitavo fillo dunha familia de orixe rutena formada por Simeon e Verona (de apelido de solteira Gnip).[1][2] Estudou a secundaria en Rijeka e Pazin, e posteriormente Teoloxía na Universidade de Zagreb.[3][1] O 7 de xullo de 1964 foi ordenado sacerdote[2] da eparquía de Križevci en Đurđevo. Logo de ser ordenado, traballou como capelán de Ruski Krstur entre 1964 e 1968 e párroco entre 1968 e 1969 en Vukovar.[1]
O 22 de xaneiro de 1983 foi nomeado bispo de Križevci.[2] Recibiu a consagración episcopal o 25 de marzo de 1983 de mans do arcebispo Miroslav Marusyn, secretario da Congregación para as Igrexas Orientais, e tivo como co-consagrantes a Joakim Segedi e a Joakim Herbut.[2][4]
O 25 de maio de 2009 o papa Bieito XVI aceptou a renuncia por idade de Miklovš.[5] Xa retirado, o 14 de xuño consagrou bispo a Cyril Vasiľ na basílica de Santa María a Maior de Roma.[6]
Finou o 21 de xullo de 2011 en Novi Sad.[3]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]O 21 de agosto de 2007 o presidente ucraíno Viktor Yushchenko condecorou a Miklovš coa Orde ao Mérito, terceira clase, por «contribuír de xeito significativo ao fornecemento da autoridade de Ucraína no mundo, a divulgación dos logros históricos e contemporáneos, e con motivo do décimo sexto aniversario da independencia de Ucraína».[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Katolička Tiskovna Agencija (26 de xullo de 2011). Biskupske konferencije Bosne i Hercegovine, ed. "Pokopan križevački biskup Slavomir Miklovš". Consultado o 16/11/2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Libreria Editrice Vaticana, ed. (2006). Annuario pontificio. p. 378.
- ↑ 3,0 3,1 Katolička Tiskovna Agencija (21 de xullo de 2011). Biskupske konferencije Bosne i Hercegovine, ed. "Preminuo biskup Slavomir Miklovš". Consultado o 1/10/2014.
- ↑ "Miklovs to become bishop in Ruski Krstur ceremonies". The Ukrainian Weekly (en inglés) LI (11): 3. 13 de marzo de 1983.
The laying-on of hands will be conducted by the Secretary of the Congregation for Eastern Churches, Archbishop Myroslav Marusyn; Auxiliary Bishop Joakim Segedi, the administrator of the Krizevci eparchy; and the apostolic visitator for Catholics of the Byzantine Rite in Macedonia, Bishop Joakim Herbut; at the church in Ruski Krstur where the bishop-elect's predecessors, [...], are buried.
- ↑ Bogarín Díaz, Jorge (2011). "Actualidad jurídica de la Iglesia católica: el ordenamiento canónico al término de 2009". En Otaduy Guerín, Jorge. Derecho Canónico en tiempos de cambio: Actas de las XXX Jornadas de Actualidad Canónica, celebradas del 7 al 9 de abril de 2010, en la Universidad Pontificia Comillas, Madrid. Librería-Editorial Dykinson. p. 243. ISBN 9788499827506.
- ↑ "Zomrel vladyka Slavomír Miklovš". Gréckokatolícka eparchia Bratislava (en eslovaco). 22 de xullo de 2011.
14. júna 2009 bol hlavným svätiteľom terajšieho arcibiskupa a sekretára Kongregácie pre východné cirkvi Mons. Cyrila Vasiľa, SJ v Bazilike Santa Maria Maggiore v Ríme.
- ↑ "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРАЇНИ "ПРО ВІДЗНАЧЕННЯ ДЕРЖАВНИМИ НАГОРОДАМИ УКРАЇНИ ГРОМАДЯН ІНОЗЕМНИХ ДЕРЖАВ"". Ukrinform.ua (en ucraíno). 22 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 17/11/2018. Consultado o 17/11/2018.
За вагомий особистий внесок у зміцнення авторитету України у світі, популяризацію її історичних і сучасних надбань та з нагоди 16-ї річниці незалежності України постановляю [...] МІКЛОВША Славомира - голову Ординаріату Крижевецької єпархії Греко-католицької церкви, громадянина Республіки Хорватія.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Gabriel Bukatko |
Bispo de Križevci 1983 - 2009 |
Sucesor: Nikola Kekić |