Sláine mac Dela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSláine mac Dela
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGrande Rei da Irlanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sláine (Sláinge, Slánga), fillo de Dela, do pobo dos Fir Bolg, foi segundo a lenda o primeiro Rei Supremo de Irlanda. A súa muller era Fuad.

Os Fir Bolg invadiron Irlanda con 5000 homes. Sláine e os seus catro irmáns, que eran descendentes dun dos fillos de Nemed, dividíronse Irlanda. Sláine, o máis novo, quedou con Leinster, Gann co norte de Munster, Sengann co sur de Munster, Genann con Connacht e Rudraige con Ulster. Sláine foi elixido por eles como rei supremo. A súa porción dos Fir Bolg foi coñecida como Gailióin, do nome das súas lanzas (en irlandés antigo gáe).

Sláine só reinou durante un ano, xa que morreu en Dind Ríg, Condado de Carlow e foi enterrado en Slane, Condado de Meath. Foi sucedido polo seu irmán Rudraige.

Títulos Reais
Precedido por
ningún


Rei Supremo de Irlanda
AFM 1934-1933 adC
FFE 1514-1513 adC
Sucedido  por
Rudraige

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]