Saltar ao contido

Skin Yard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skin Yard
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1993 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
1993 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF131661684 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000090198970 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05gxgx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: SkinYardOfficial Instagram: skin_yard MySpace: skinyard Spotify: 0sPa3yPonEuDbDhBzz7g4E Musicbrainz: 0119843b-4d56-47b6-ac0d-11528259bf0a Songkick: 358047 Discogs: 318825 Allmusic: mn0000026637 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Skin Yard foi unha banda estadounidense de grunge procedente de Seattle, Washington, que estivo activa entre os anos 1985 e 1992. O grupo nunca tivo éxito entre o gran público, pero foron unha influencia para moitos dos seus contemporáneos, destacando Soundgarden, Screaming Trees, The Melvins e Green River, polo que son considerados pioneiros do son que posteriormente foi bautizado como grunge.

A fanda formárona en xaneiro de 1985 Daniel House e Jack Endino, aos que se lle unirían Ben McMillan e Matt Cameron. Skin Yard realizou o seu primeiro concerto oficial no mes de xuño dese ano, actuando de abreconcertos de U-Men.[1] En 1986 Skin Yard contribuíu con dous temas ao recomplilatorio Deep Six. Este álbum, ademais de contar coas primeiras gravacións comerciais de The Melvins, Soundgarden, Malfunkshun e Skin Yard, foi o primeiro en mostrar o primeiro son grunge. Ese mesmo ano Skin Yard publicou o seu disco de estrea Skin Yard, e o seu primeiro sinxelo, "Bleed".

Pouco despois deses lanzamentos, o batería Matt Cameron deixou o grupo para unirse a Soundgarden, pasando pola banda unha serie de substitutos. Inicialmente ocupou o seu posto Steve Wied, ao que lle seguiu Greg Gilmore; porén, ámbolos dous só durarían dous concertos. No outono uniríase Jason Finn, pero marcharía tras oito meses por motivos persoais. Scott McCullum ocupou o seu lugar en maio de 1987 estando na banda durante dous anos, durante os cales Skin Yard gravou e publicou o seu segundo traballo, Hallowed Ground (1988). Porén, McCullum tamén marcharía e o grupo iniciou un período de catorce meses de hiato tras unha xira estadounidense.

Skin Yard regresou en 1990 co seu terceiro álbum, Fist Sized Chunks, e co seu batería definitivo, Barrett Martin. En 1991, cando o grunge chegou ao gran público, a banda publicou o seu cuarto álbum, 1,000 Smiling Knuckles. Ese mesmo ano o baixista orixinal, Daniel House, deixou o grupo para pasar máis tempo coa súa familia. Foi substituído por Pat Pedersen, que estivo co grupo para gravar o seu derradeiro álbum, Inside the Eye, que contaba co sinxelo "Undertow". Cando completaron a gravación Skin Yard decidiu separarse, e o disco foi editado pouco despois.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Skin Yard1987C/Z Records
Hallowed Ground1988Toxic Shock Records
Fist Sized Chunks1990Cruz Records
1000 Smiling Knuckles1991Cruz Records
Inside the Eye1993Cruz Records
Start at the Top2001C/Z Records
  1. "Skin Yard FAQ". Consultado o 13 de marzo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]