Sjón
Sjón | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de agosto de 1962 |
Lugar de nacemento | Reiquiavik |
Nacionalidade | Islandia |
Ocupación | escritor, poeta, guionista, dramaturgo, compositor, letrista, músico e escritor de literatura infantil |
Coñecido por | The Blue Fox e From the Mouth of the Whale |
Na rede | |
http://sjon.siberia.is/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sigurjón Birgir Sigurðsson, máis coñecido como Sjón, nado en Reiquiavik o 27 de agosto de 1962, é un escritor e artista islandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É un dos autores máis coñecidos da literatura islandesa contemporánea. Comezou a súa carreira literaria co libro de poesía Sýnir (Visións). Até 2011 levaba publicados 11 libros de poemas e 7 novelas. As súas novelas Augu þín sáu mig e Með titrandi tár recibiron o premio cultural do diario islandés DV, e Argóarflísin, á súa vez, o premio á novela do ano da Asociación de Libreiros. Skugga-Baldur obtivo o premio de Literatura do Consello Nórdico en 2005 e está traducida ao galego por Elías Portela e publicada por Rinoceronte Editora.
Tamén traballou nos ámbitos da música, o cinema ou a ópera.
É ben coñecido por ser o compositor dalgunhas letras para a cantante Björk, entre elas o tema "Oceania", así como por ser coautor da banda sonora do filme Dancer in the Dark, do dinamarqués Lars von Trier.
O 10 de abril de 2017 deu un recital poético en idioma islandés na Coruña xunto a Elías Portela (que leu pomas seus en islandés e en galego), encadrado no ciclo Poetas Di(n)versos e presentado como é habitual pola poetisa Yolanda Castaño.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa traducida[editar | editar a fonte]
- Skugga-baldur (2009, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela).
- O rapaz que nunca existiu (2017, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela).[2]