Sixta Pérez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Departamento de Sonsonate, O Salvador |
| Grupo étnico | Pobo pipil |
| Actividade | |
| Ocupación | mestra |
Sixta Pérez García, nada en Cantón Carrizal, no departamento de Sonsonate, é unha muller pipil, tecelá e mestra de lingua pipil, a derradeira lingua indíxena do Salvador que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción.[1][2]
No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É mestra no proxecto educativo "Timumachtikan Nawat" a través do seu programa escola, "Ne Ichan Safoura", onde ensina lingua pipil xunto co mestre Héctor Josué Martínez Flores. O 3 de maio de 2024 presentou xunto con Héctor Martínez a obra Yultajtaketzalis, o primeiro dicionario en lingua pipil creado por unha falante nativa da lingua.[4]

O libro comezou a traballarse dende o 22 de xaneiro de 2023, co gallo do masacre indíxena do Salvador, e un dos factores da desaparición e prohibición da lingua.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]- Yultajtaketzalis (maio de 2024)[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elías Antonio Córdova Gil (2020). "Persistencia cultural, patrimonio lingüístico y cofradías. La cultura náhuat pipil en Witzapan, El Salvador" (PDF).
- ↑ Núñez, Salvador (2020-12-14). El Salvador: Verdades Ocultas (en inglés). Xlibris Corporation. ISBN 978-1-6641-0227-9. Consultado o 2024-02-29.
- ↑ Lara Martínez, Carlos Benjamín (2006). LA POBLACIÓN INDÍGENA DE SANTO DOMINGO DE GUZMÁN. CAMBIO Y CONTINUIDAD SOCIOCULTURAL. Colección Colección Antropología e Historia, 3. San Salvador, O Salvador: Colección Antropología e Historia, 3 . Dirección de Publicaciones e Impresos, CONCULTURA. ISBN 99923-0-155-4. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ laprensagrafica.com, ed. (19 de febreiro de 2023). "El náhuat se revitaliza con el primer diccionario hecho por una hablante nativa". Consultado o 16 de agosto de 2025.
- ↑ diariocolatino.com, ed. (7 de maio de 2024). "Presenta primer diccionario escrito por una nahuahablante". Consultado o 16 de agosto de 2025.
- ↑ laprensagrafica.com, ed. (21 de agosto de 2024). "¿Te gustaría poseer un diccionario de náhuat? De esta manera puedes obtenerlo". Consultado o 16 de agosto de 2025.