Saltar ao contido

Sitta canadensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sitta canadensis
 Nome taxon
    Sitta canadensis
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    S. canadensis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSittidae
XéneroSitta
EspecieSitta canadensis Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1766 Sitta canadensis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   1,15 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   5,5 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/024gbn Editar o valor en Wikidata
ITIS178784 Editar o valor en Wikidata
OTT603923 Editar o valor en Wikidata
UICN22711196 Editar o valor en Wikidata
CoL4XTS9 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Sitta canadensis é unha especie de pequeno paxaro da familia dos sítidos. O adulto ten a parte superior gris azulada e partes inferiores cor canela, gorxa branca e cara cunha banda negra que cruza os ollos; o peteiro é recto e gris e a parte superior da cabeza é negra. A súa chamada, que foi comparada co son dunha trompeta, é estridente e nasal. Reprodúcese en bosques de coníferas do Canadá, Alasca e o nordés e oeste dos Estados Unidos. Aínda que xeralmente permanecen sedentarios, realizan incursións regulares máis ao sur se escasea a comida. Hai rexistros de individuos errantes que chegaron ao golfo de México e norte de México. Aliméntase nos troncos e grandes pólas das árbores, a miúdo descendendo cabeza abaixo, e ás veces capturan insectos en voo. Comen principalmente insectos e sementes, especialmente de coníferas. Escavan un niño en madeira morta, a miúdo preto do chan.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Como todas as agatuñadeiras, esta especie está asignada ao xénero Sitta (Linnaeus, 1758), do antigo grego sittē (σίττη), que era a denominación que lle daban a este paxaro ou outros similares.[1] O nome específico canadensis indica que é propio do Canadá e zonas limítrofes, de onde procedía o espécime que se usou para describilo.[2]

As agatuñadeiras teñen o costume de incrustar sementes nas gretas para que queden suxeitas e poidan abrilas peteirándoas.

No pasado o S. canadensis, xunto con outras catro especies, o S. whiteheadi corso, o S. villosa chinés, o S. ledanti de Alxeria e o S. krueperi ou agatuñadeira de Krüper, pensábase que eran unha soa especie.[3] Estas cinco especies constituían un grupo de especies ben definido chamado "grupo de Sitta canadensis", que ás veces era considerado unha superespecie.[4] Os estudos de ADN neste grupo de especies mostraron que as especies canadense, corsa e chinesa constituían un clado, mentres que a especie de Alxeria e a de Krüper formaban un clado irmán.[5] S. canadensis é monotípico na súa extensa área de distribución.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

S. canadensis é un paseriforme pequeno, que mide uns 11 cm en lonxitude,[6][7] e ten unha envergadura de 22 cm e un peso de 9,9 g.[8] O seu dorso e parte superior da cola son azulados e as partes ventrais son de cor tella. Ten a parte superior da cabeza unha liña que atravesa os ollos negras e unha liña superciliar branca. Os sexos teñen plumaxe similar, aínda que as femias e os individuos novos teñen cabezas e partes ventrais máis pálidas.[7]

Vocalizacións

[editar | editar a fonte]

A súa chamada é estridente, nasal e débil. Transcríbese como un ienk ou ink,[8] e foi comparado co son dunha trompetiña de lata de xoguete.[7][9] O seu canto é unha serie lentamente repetida de notas claras, nasais ascendentes, transcritas como iin iin iin.[8]

Hábitat e área de distribución

[editar | editar a fonte]

Aínda que é principalmente unha ave que reside todo o ano nos bosques do norte e subalpinos de coníferas, pode migrar regularmente facendo incursións máis ao sur, e tanto a cantidade de migrantes coma os lugares de invernada varían dun ano para outro.[7] Ás veces chegan ao norte de México, onde son visitantes invernais raros en Nuevo León, Baixa California Norte e polo sur ao longo da vertente do Pacífico ata Sinaloa.[10] No leste dos Estados Unidos, a súa área está espallándose cara ao sur.[7] Aínda que antes era residente da illa Guadalupe, na costa oeste de México, agora parece que está extinguido alí, e o último rexistro coñecido desta especie na illa data de 1971. Hai un só rexistro dun individuo errante na illa mexicana de Socorro.[10] É unha ave errante extremadamente rara en Europa, con dous rexistros no oeste do Paleártico; unha destas aves pasou o inverno con éxito no leste de Inglaterra.[11]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Como todas as agatuñadeiras, esta especie é acrobática, camiñando arriba e abaixo polos troncos das árbores e pólas procurando comida.[7] Pode camiñar coa cabeza por diante cando baixa polos troncos. Pode "camiñar" pola parte inferior das pólas. A diferenza dos petos e cértidos, non usa a súa cola para impulsarse cando gabea.[12] Adoita buscar comida en solitario ou en parellas.[10]

A súa dieta cambia dependendo da estación. No verán, come principalmente insectos, ocasionalmente incluso ao voo, mentres que en inverno, cambia a súa dieta e como sementes de coníferas.[13] Nos alimentadores de aves comen pipas de xirasol, manteiga de cacahuete e sebo. A miúdo incrusta cachos de comida nas gretas da codia das árbores para que queden suxeitas e poida abrilas peteirándoas (en vez de agarrar o alimento cos seus pés, como fan outras aves).

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Como todas as agatuñadeiras esta especie é monógama. O macho cortexa a femia cunha exhibición peculiar, elevando a súa cabeza e cola mentres que xira poñéndose de costas ante ela, inclina as ás e balancéase de lado a lado.

Esta ave escava o seu niño, que sitúa a uns 1,53–37 m por riba do chan (xeralmente a uns 4,6 m). A escavación fana ambos os sexos e lévalles dunha a oito semanas.[14] A parella unta arredor da entrada do niño zume elaborado que segrega a árbore, presumiblemente para axudar a disuadir os predadores.[12] O niño está forrado con herbas, musgos, cachos de codia e raiciñas. Aínda que na construción de niños colaboran os dous sexos, quen máis traballa é a femia.

A femia pon de 2 a 8 ovos (xeralmente 5 ou 6), que son brancos, con crema ou rosas e cubertos de pintas marróns avermelladas. Os ovos miden de 1,5 a 1,8 cm de longo e de 1,0 a 1,3 cm de largo. A femia é a que choca os ovos durante 12 ou 13 días.[15] As crías son altriciais e permanecen no niño durante dúas ou tres semanas, e son alimentados polos dous sexos. Normalmente só hai unha niñada ao ano. A súa vida dura uns 6 anos.

Status de conservación e ameazas

[editar | editar a fonte]

Debido á súa ampla área de distribución global e crecente poboación, esta especie está clasificada como en situación Menos preocupante pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.[16] Nas Américas, está protexido polo Tratado de Aves Migratorias de 1918.[17]

    1. Linnaeus, C (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata (en latín). Holmiae. (Laurentii Salvii). p. 115. Rostrum subcultrato-conicum, rectum, porrectum: integerrimum, mandíbula superiore obtusiuscula. Lingua lacero-emarginata
    2. Holloway, Joel Ellis (2003). Dictionary of birds of the United States: Scientific and Common Names. Portland, OR: Timber Press. p. 185. ISBN 0-88192-600-0.
    3. Elphick, Dunning and Sibley 2001, p. 435
    4. 1 2 Harrap 2008, p. 136
    5. Pasquet, Eric (January 1998). "Phylogeny of the nuthatches of the Sitta canadensis group and its evolutionary and biogeographic implications". Ibis (Abstract) 140 (1): 150–156. doi:10.1111/j.1474-919X.1998.tb04553.x.
    6. Por convención, a lonxitude mídese desde a punta do bico á punta da cola nun paxaro morto (ou desecado) apoiado sobre o dorso. Cramp, Stanley, ed. (1977). Handbook of the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: Birds of the Western Palearctic, Volume 1, Ostrich to Ducks. Oxford University Press. p. 3. ISBN 0-19-857358-8.
    7. 1 2 3 4 5 6 Dunn, Jon L.; Alderfer, Jonathan, eds. (2006). National Geographic Field Guide to the Birds of North America (5th ed.). Washington DC: National Geographic. p. 341. ISBN 0-7922-5314-0.
    8. 1 2 3 Sibley, David (2000). The North American Bird Guide. Mountfield, UK: Pica Press. p. 380. ISBN 1-873403-98-4.
    9. Taylor, Richard Cachor (2010). Birds of Southeastern Arizona. Olympia, WA: R. W. Morse Company. p. 275. ISBN 978-0-9640810-7-9.
    10. 1 2 3 Howell, Steve N. G; Webb, Sophie (1995). A Field Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America. Oxford University Press. p. 553. ISBN 978-0-19-854012-0.
    11. Dye, Keith; Fiszer, Mick; Allard, Peter (2009). Birds New to Norfolk. Sheringham, UK: Wren Publishing. pp. 340–342. ISBN 978-0-9542545-3-7.
    12. 1 2 Reed 2001, p. 437
    13. Harrap, Simon; Quinn, David (1996). Tits, Nuthatches & Treecreepers. London: Christopher Helm. pp. 144–148.
    14. Reed 2001, p. 436
    15. "All About Birds: Red-breasted Nuthatch, Life History". Cornell Laboratory of Ornithology. Consultado o 26 May 2011.
    16. "Sitta canadensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
    17. "Birds Protected by the Migratory Bird Treaty Act". US Fish and Wildlife Service. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 16 September 2011.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]
    • Reed, J. Michael (2001). "Nuthatches". En Elphick, Chris; Dunning Jr., John B.; Sibley, David. The Sibley Guide to Bird Life & Behaviour. London: Christopher Helm. ISBN 0-7136-6250-6. 
    • Harrap, Simon (2008). "Family Sittidae (Nuthatches)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Christie, David. Handbook of Birds of the World, Volume 13: Penduline-tits to Shrikes. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-45-3. 

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]