Sitio de Veracruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Batalla de Veracruz, ilustración de Carl Nebel

A batalla de Veracruz foi o sitio durante 20 días de Veracruz, México durante a Guerra Mexicano-Americana, o sitio durou entre o 9 e o 29 de marzo de 1847, comeza co asalto anfibio dirixido polas forzas militares norteamericanas, e finalizou coa rendición e ocupación da cidade. As tropas norteamericanas marcharon logo sobre a cidade de México.

O xeneral Winfield Scott desembarcou con 12.000 soldados na praia de Collada, a tres millas ao suroeste de Veracruz, o factor sorpresa tivo éxito e o 15 de marzo a cidade estaba completamente sitiada, defendida por 3.360 soldados, doce días de bombardeos remataron na rendición o 27 de marzo e na ocupación da cidade dous días máis tarde, abrendo a costa leste de México ás forzas americanas.

Nos enfrontamentos morreron 180 mexicanos e 82 norteamericanos.