Sitio arqueolóxico de Tiya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSitio arqueolóxico de Tiya
Imaxe

Localización
Mapa
 8°26′06″N 38°36′44″L / 8.4349, 38.6121Coordenadas: 8°26′06″N 38°36′44″L / 8.4349, 38.6121
EstadoEtiopía
RexiónsRexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → África
Data1980 (4ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) Editar o valor em Wikidata
Identificador12

Tiya é un sitio arqueolóxico que se atopa en Etiopía central. Atópase na zona Gurage da Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur, ó sur de Adís Abeba.

Atópase preto da cidade de Tiya, e contén trinta e seis monumentos, dos que trinta e dúas son estelas gravadas con símbolos que non foron descifrados. As estelas, dun a cinco metros de altura e diferentes formas, están aliñadas en dirección norte-noroeste ó longo de corenta e cinco metros. As tres últimas atópanse no mesmo aliñamento, pero separadas sesenta metros das demais; o gravado dunha delas é unha figura antropomorfa. Arredor das estelas atopáronse varias tumbas.

As estelas datáronse entre os séculos XIV e XVI, e algúns autores relaciónannas co Reino Etíope Axumita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Roger Joussaume (editor), Tiya, l'Éthiopie des Mégalithes, du Biface a l'Art Rupestre dans laCorne d'Afrique (París: UNESCO/CNS, 1995).