Siti Nurhaliza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Siti Nurhaliza
Siti Nurhaliza - Khairul Fahmi's Wedding 2013.jpg
Nacemento11 de xaneiro de 1979
 Kampung Awah
NacionalidadeMalaisia
EtniaMalaios
RelixiónIslam
Ocupaciónempresaria, presentadora, cantante, socialité, escritora e actriz
Signature of Siti Nurhaliza.svg
editar datos en Wikidata ]

Siti Nurhaliza binti Tarudin, nada en Kampung Awah o 11 de xaneiro de 1979, é unha cantante e empresaria[1] malaisiana, que ao longo da súa carreira recibiu case 300 premios locais e internacionais[2]e canta fundamentalmente en malaio e bahasa indonesio e ademais de inglés tamén gravou en xavanés, mandarín[3] árabe[4], urdú[5] e xaponés[6].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena localidade do concello de Termeloh en Pahang. Seu pai, Tarudin Ismail era un oficial de policía e súa nai Siti Salmah Bachik, ama de casa[7][8]. A parella tivo oito fillos, e procedía dunha familia vencellada á música, seu avó fora un famoso violinista e súa nai unha cantante tradicional local[7]. Tamén seu irmá Saiful Bahri Tarudin e súas irmás Siti Norsaida e Siti Saerah son cantantes.[9]. Realizou os estudos de primaria e sencundaria en Kuala Lipis[10]. Procedente dunha familia pobre[11][12], xa dende pequena tiña que axudar a súa nai a vender kuih entre a veciñanza e era a vocalista dun grupo formado polo seu tío, que actuaba en vodas e cerimonias locais, e tamén participou en diversos concursos musicais da rexión. En 1991, con 12 anos, gañou unha competición local de cancións patrióticas co tema "Bahtera Merdeka"[13][11], nesa época participaba en diversas actividades deportivas escolares, especialmente en netball[14] e con 14 participou nunha audición de Asia Bagus[15].

Primeiros éxitos[editar | editar a fonte]

Dous anos despois, en 1995, participou no concurso Bintang HMI da RTM coa canción Kaulah Segalanya[16] que fixera famosa Ruth Sahanaya. No decurso da competición coñeceu ao compositor Adnan Abu Hassan que a guiou na execución vocal, e finalmente gañou cunha canción de Aishah, "Camar Yang Pulang"[16]. Nurhaliza asinou un contrato coa discográfica Suria Records[17] e en 1996 saíu o seu primeiro álbum, Siti Nurhaliza I.[8], e o seu primeiro sinxelo Jerat Percintaan gañou o premio Anugerah Juara Lagu[18]. Tamén nese ano gañou os premios nas categorías de artista televisiva máis popular, cantante feminina máis popular, artista nova máis popular e na principal de artista máis popular do Anugerah Bintang Popular[19].

Siti comezou a coller sona en Indonesia en 1997 logo de aparecer na edición de abril dunha das revistas máis populares do país, POS Kota[20] . Converteuse na primeira cantante malaisiana en realizar un concerto en vivo en Indosiar, unha canle popular en Indonesia[20] e pasou a ser unha das artistas con máis poder de convocatoria en Indonseia, con concertos en Iacarta, Bandung, Yogyakarta e moitas outras cidades nos anos seguintes[21]. En Malaisia en 1997 gañou o premio á mellor nova artista e mellor canción da Anugerah Industri Muzik[22].

Inicio da súa actividade internacional[editar | editar a fonte]

En 1998, con só 19 anos, fundou a súa propia compañía, Siti Nurhaliza Productions que actúa como o seu propio equipo de xestión oficial[23]. A súa primeira aparición na escena internacional ao grande, durante os Xogos da Commonwealth de 1998 que se celebraron en Kuala Lumpur, ao actuar, con outros cantantes pop do país, diante a raíña Isabel Ii e o seu consorte o príncipe Filipe entre outros dignatarios de 70 países da Commonwealth[24]. Tamén participou na cerimonia de clausura con dúas estrelas internacionais Céline Dion e Rod Stewart[25]. En novembro dese ano invitárona a actuar no Xapón durante cinco días na Saga Fiesta '98.[26]

Nos anos seguintes, seguiu a promocionarse por toda a rexión, en maio de 1999 na Competición Internacional da Canción do Pacífico Sur na localidade australiana de Gold Coast quedou en primeiro lugar na categoría de canción internacional de pop/top 40 e en mellor interpretación vocal feminina polo seu sinxelo We'll Be As One[27] e en decembro estivo no Festival da Música de Asia en Shanghai, onde logrou o premio de ouro na Competición da Nova Cantante de Asia. No ano 2002 foi a Casaquistán para participar no concurso Voz de Asia, cun dos sinxelos do seu terceiro álbum, Purnama Merindu, e fíxose co premio principal[28]

En decembro de 2003 a organización convidouna a participar no Concerto de estrelas pop do Xapón e dos países da ASEAN que se celebrou en Yokohama, e que entre outros artistas incluía a THE BOOM, You Hitoto, INSPi, Leonard Eto, Yuri Chika, Hiroshi Takano e Hideki Kurosawa polo Xapón[29] mentres dos países da ASEAN estaban Hans Anwar & Lo'Ryder (Brunei), Preap Sowat (Cambodia), AB Three (Indonesia), Alexandra (Laos), Lay Phyu & Iron Cross (Myanmar), Jolina Magdangal (Filipinas), Tanya Chua (Singapur), Briohny (Tailandia) e Lam Truong (Vietnam)[29]. Os participantes tiñan que cantar, na súa lingua, a canción Treasure the World composta polo xaponés Kazufumi Miyazawa con letra da singapuresa Dick Lee. A versión de Siti levou por título Dunia Milik Kita[29].

Siti Nurhaliza posando para a prensa na alfrombra vermella durante a MTV Aid en 2005

En 2004 Siti foi a primeira artista non chinesa que convidaron a actuar nos premios Melodía de Ouro, que se celebran en Taiwán, onde fixo dueto con Leehom Wang[30][31] e tamén apareceu nun programa especial de media hora en Azio TV que se gravou durante os catro días que pasou en Taipei[30]. Nese ano fixo a súa terceira aparición nos premios MTV Asia que se organizaron en Singapur. Nese ano de 2004 a súa empresa, Siti Nurhaliza Production, comezou a producir programas de televisión, o primeiro foi un programa musical, Muzikal Aidiladha, que se realizou para o Eid al-Adha.[32] e logo realizou Siti Nurhaliza 3D (Siti Nurhaliza Dari Dalam Diri), unha serie de 13 episodios sobre a vida privada de Siti Nurhaliza que se emitiu na RTM[32][33], a última das producións dese ano foi Sukan dan Selebriti, unha serie de 26 episodios coa participación de celebridades e personalidades deportivas[32].

Consolidación[editar | editar a fonte]

En 2005 tras denominala Alicia Keys a Voz de Asia ao presentala nos premios MTV Asia en Bangkok [34]. En abril de 2005 realizou con éxito un concerto en solitario no Royal Albert Hall de Londres, porén a maioría da audiencia eran malaisianos aveciñados no Reino Unido, a prensa británica comparouna con Celine Dion[35][36]-. No concerto acompañouna a London Symphony Orchestra dirixida polo indonesio Erwin Gutawa e entre os asistentes estiveron o sultán e a sultá de Pahang e membros da familia real de Brunei[37]. A canle Channel V considerouna a segunda maior artista asiática en 2005 polos seus logros, despois da taiwanesa Jay Chou[38][36] o mesmo que fixo a MTV Asia tamén por tras de Jay Chou.[38].

Siti Nurhaliza (de branco) con diversos artistas malaisianos durante o Konsert Suara Hati Sudirman Arshad en 2007.
Siti Nurhaliza co seu home Dato' Khalid durante unha carreira benéfica en 2007

En abril de 2006 apareceu o seu undécimo álbum de estudio, Transkripsi, con colaboracións de produtores e compositores indonesios como Erwin Gutawa, Melly Goeslaw e Glenn Fredly mais malaisianos como Aubrey Suwito, Cat Farish, Jenny Chin, Firdaus Mahmud, Mac Chew, Yasin e Damian VE.[39][40] Transkripsi converteuse no mellor álbum do ano ao gañar os premios a mellor álbum pop e mellor álbum no Anugerah Industri Muzik.[41][42]. Os críticos considerárono un dos seus mellores álbums[43][44] e foi o primeiro álbum que producía a súa propia compañía[40][45] O 24 de outubro de 2006 o sultán de Pahang conferiulle o título de Darjah Indera Mahkota Pahang (DIMP) con motivo do seu 76 aniversario canda dous deseñadores malaisianos Bernard Chandran e Dayang Tom Abang Saufi.[46].

O 11 de febreiro de 2007 fixo a súa primeira aparición nos Grammy, e foi tamén a primeira malaisiana en percorrer a súa alfombra vermella[47] O 20 e 21 de abril de 2007 actuou no Konsert Istana Cinta Nostalgia, un concerto tributo a Tan Sri P. Ramlee e Puan Sri Saloma no Istana Budaya de Kuala Lumpur[48]. Na Anugerah Industri Muzik gañou o premio ao mellor álbum pop e mellor álbum por Transkripsi.[41] Nos Anugerah Planet Muzik de 2007 gañou o premio á mellor artista feminina, categoría outorgada por voto en Indonesia, Malaisia e Singapur, e mellor artista feminina e mellor canción, premios concedidos por un xurado[49].

Siti Nurhaliza nos bastidores durante o Konsert Suara Hati Sudirman Arshad de abril de 2007

En 2007 participou na banda sonora de dous filmes, gravou Menanti Pasti para Kayangan e Hati para 1957: Hati Malaya, esta última canción incluíuna no álbum Hadiah Daripada Hati[50] e recibiu o premio á mellor canción orixinal no Festival de Cinema de Malaisia de 2008[51]. Por primeira volta actuou nun musical, e así é que deu vida a Azizah, o amor misterioso de P. Ramlee en Remy ... Kisah P. Ramlee que se puxo en escena entre o 19 de outubro e o 3 de novembro de 2007[52].

O primeiro sinxelo do álbum Hadiah Daripada Hati foi Ku Mahu con moita influencia do pop latino e que foi tema de apertura da serie Spa-Q[53] Polo xeral, a crítica considerou o novo álbum de menos nivel que o precedente[54][55]. Así e todo, na 15º edición do AIM gañou nas categorías de mellor álbum pop, mellores arranxos musicais nunha canción por "Cintamu" e mellor interpretación vocal feminina nun álbum[56].

Siti Nurhaliza nunha actuación no Festival Internacinal de Cinema de Kuala Lumpur en 2008

En xaneiro de 2008 a canle Asia News Network considerouna unha das ídolos asiáticas polos seus éxitos e pola súa consagración como icona do espectáculo malaisiano[57]. O 21 de marzo de 2008 celebrou un dos seus primeiros concertos acústicos en solitario en Singapur, denominado Diari Hati – Dato' Siti Nurhaliza's Heart interpretou temas do seu último álbum, Hadiah Daripada Hati e dos anteriores[58].

O seu 13º álbum saíu o 26 de decembro de 2008 co título de Lentera Timur, con música tradicional contemporánea, o seu cuarto neste estilo, o último fora Sanggar Mustika en 2002[59] porén con máis cancións modernas e contemporáneas que os precedentes[60] e traballou con diversos compositores internacionais como o singapureño M. Nasir ou Katon Bagaskara de Indonesia. Nove das 13 cancións proceden dun obradoiro de letras de cancións, Cipta Ekspress – Berirama Malaysia, organizado pola asociación de autores de música de Malaisia, para crear materiais para o álbum[59] Non obstante, as poucas vendas pola escasa promoción, nos 16º Anugerah Industri Muzik, Lentera Timur gañou nas categorías de mellor pop étnico, álbum do ano, e a canción "Di Taman Teman" levou o premio a mellor voz feminina. Nese ano de 2009 estimábase a súa fortuna en 50 millóns de ringgit[61]. Tras a morte de seu pai, Taruddin Ismail, o 15 de febreiro de 2009 anunciou un período de loito de corenta días, nos que non actuou, agás para un cocerto especial con motivo do mawlid [62]. Entre o 26 de xuño e o 29 de xuño realizou unha serie de tres concertos teatrais en Kuala Lumpur so o nome de SATU Konsert Eksklusif Dato' Siti Nurhaliza, coas entradas esgotadas dende había semanas[63]. Un mes antes do concerto gañara o seu noveno premio consecutivo á artista malaisiana máis popular, e tamén, á artista rexional máis popular nos Anugerah Planet Muzik[64]

En setembro foi a anfitroa dunha serie de telerrealidade sobre cociña, Citarasa Selebriti Bersama Dato' Siti Nurhaliza á que acudían diversos artistas como convidados[65]. Siti e a cantante indonesia Krisdayanti realizaron un álbum conxunto con oito duetos, Siti elixiu catro composicións malaisianas e Krisdayanti catro indonesias. O álbum saíu o 28 de decembro en Malaisia[66] e o 27 de xaneiro de 2010 en Indonesia[67] co título de CTKD.

Siti Nurhaliza - SimplySiti Kuching 2010.jpg
Siti Nurhaliza - SimplySiti Brunei.jpg


Siti durante a promoción de SimplySiti en Malaisia (esquerda) e Brunei (dereita) en 2010 e 2011.

O 1 de xaneiro de 2010 protagonizou con M. Nasir o Konsert Bagaikan Sakti que se realizou en Singapur e que se emitiu en directo na canle Astro Box Office Events[68] e a súa compañía Siti Nurhaliza Productions tamén produciu un concerto para Faizal Tahir e Aizat co título de Konsert Satu Suara co acompañamento da Simfoni Orkestra Kebangsaan en febreiro[69]. En marzo lanzou a súa propia liña de produtos cosméticos e de beleza, SimplySiti. Nos Anugerah Industri Muzik (AIM) que se celebraron o 2 de maio, gañou o premio á mellor interpretación feminina nunha canción polo sinxelo Ku Percaya Ada Cinta and Persembahan Vokal Berkumpulan Dalam Lagu e mellor interpretación dun grupo dunha canción polo sinxelo Amarah do álbum CTKD. Con 11 premios á mellor interpretación estableceu un récord na historia dos premios[70][71].

Siti Nurhaliza co seu home, Datuk Seri Khalid, e o seu enteado, Adib Khalid, no lanzamento de All Your Love.

Dende o 12 de febreiro de 2011 presentou ao longo de 13 episodios un programa de conversas baixo a denominación de SITI[72]

En setembro de 2011 saíu o seu primeiro álbum integramente en inglés All Your Love[73] con todas as cancións escritas e producidas polos cantantates australianos Christian Alexanda e Bryan Bouro[74]. Dous dos temas, Remember You e I Wait Forever son duetos con Sean Kingston e Christian Alexanda respectivamente[75]

Cambio de imaxe[editar | editar a fonte]

En 2013 no día do seu 34ª aniversario anunciou que ía vestir un hijab sempre, mesmo nas súas actuacións[76]. En febreiro presentou con Nabil Ahmad e Sharifah Shahira un concurso de 13 episodios co título de Siti Ooo...Som[77] Entre o 5 e o 7 de xullo durante tres noites cantou co acompañamento da Orquestra Filharmónica de Malaisia en Kuala Lumpur[78]

O 25 de agosto foi unha das artistas malaisianas en participar no conerto "Harmonía e Unidade" en Kuala Lumpur canda artistas de Indonesia como Ahmad Dhani e Rossa e que se emitiu en directo na TV1 de Malaisia e na Indosiar de Indonesia[79]. En setembro realizou o primeiro concerto tradicional en dezaoito anos de traxectoria[80], acompañada polos corenta músicos da Orkestra Tradisional Malaysia, con 35 cancións tradicionais de diferentes estilos como Zapin, Samrah, Keroncong ou Joget. Inicialmente programado entre os días 20 ao 22 de setembro, engadíronlle un día máis, o 24[81] e converteuse no concerto en solitario com maior recadación no Istana Budaya, con máis de 900 000 ringgit.[82]

O 28 de novembro participou no Xapón no Festival de Música ASEAN-Xapón para conmemorar o corenta aniversaio das relacións entre o Xapón e os países da ASEAN[83] e como axuda ás vítimas do terremoto e tsunami de Sendai de 2011[84], interpretou Biarlah Rahsia, a canción xaponesa Koibito yo que fixera famosa Mayumi Itsuwa e Nirmala[83]. O 5 de decembro estivo actuou nos Asian Television Awards en Singapur, con dúas cancións "Lebih Indah" e "On the Floor"[85] retransmitido tanto por STAR World como por Channel V[86]

Siti Nurhaliza nunha actuación con David Foster nun concerto o 27 de marzo de 2014

O 8 e 9 de febreiro de 2014 organizou, por medio da súa propia fundación, Yayasan Nurjiwa, o seu primeiro concerto benéfico[87] no que superou o millón de ringgit entre a venda de entradas e doazóns[88]. E tamén para recadar cartos para a súa fundación organizou cunha galería da capital malaisiana unha exposición de 15 pintores e escultores malaisianos, 1 español e mais un iraniano con obras inspiradas na propia Siti[89]. A exposición estivo aberta ao público do 27 de febreiro ao 26 de marzo e o 30% das vendas foron para a fundación; o prezo máis alto foi para unha obra do pintor andaluz Adrián Torres que se vendeu por 75000 ringgit[89].

O 27 de marzo participou no concerto que David Foster deu en Kuala Lumpur acompañado de diversos artistas e que se converteu nun concerto tributo ás vítimas do voo 370 de Malaysia Airlines[90] Siti, acompañada de Foster ao piano, interpretou dúas cancións producidas orixinalmente por Foster, I Will Always Love You e Because You Loved Me.[91].

O seu 16ª álbum, Fragmen, apareceu o 30 de xuño e que se certificou como platino tras vender 10 000 unidades en menos de dous meses[92]. Polo álbum gañou no Anugerah Planet Muzik nas categorías de mellor artista feminina e mellor canción por "Lebih Indah"[93] O 21 de outubro lanzouse a versión indonesia de Fragmen cun tema adicional, un dueto con Cakra Khan, "Seluruh Cinta"[94].

Nos Anugerah Industri Muzik de 2014 que se celebraron en decembro gañou nas categorías de mellor gravación polo álbum Konsert Lentera Timur (Dato' Siti Nurhaliza Bersama Orkestra Tradisional Malaysia), mellor interpretación vocal feminina por "Lebih Indah" e mellor álbum por Fragmen[95]. Nos World Music Awards de 2014 gañou os premios a mellor artista feminina malaia, mellor actuación dun artista malaia e mellor artista malaia[96]

En 2015 para conmemorar os vinte anos na industria musical malaisiana celebrou un concerto acústico o 7 de abril de 2015, con entradas esgotadas había días antes e que recibiu boas críticas[97][98]

Nova en MeleTOP do 11 de novembro de 2015 sobre o Konsert Satu Suara, Vol. 2
Siti Nurhaliza nun momento do concertoSiti Nurhaliza & Friends'

En agosto, gravou "Nenjae Ezhu", canción composta por A. R. Rahman, o seu primeiro tema en támil para unha interpretación nunha competición musical india[99]. En outubro Siti apareceu na edición de 2016 de The 500 Most Influential Muslims.[100] O 7 e 8 de novembro celebrou o Konsert Satu Suara, Vol. 2[101] acompañada de Hetty Koes Endang (Indonesia) e Ramli Sarip (Singapur), o concerto foi un éxito, con 650 000 ringgit pola venda de entradas só[101].

Aeroplano de Air Asia con publicidade do álbum SimplySiti

En decembro actuou como xuíza convidada en Indonesia para Dangdut Academy Asia (D'Academy Asia),[102] unha competeción musical dangdut aberta a participantes de Indonesia, Malaisia, Singapur e Brunei.[103].

En marzo de 2016 lanzou a súa propia liña de roupa, "Creacion By Siti Nurhaliza" [104], continuando a súa carreira como empresaria de éxito, estimándose as súas ganancias en máis de 19 millóns de dólares en 2019[61]. Coincidindo co vinte aniversario do seu primeiro álbum o 2 de abril organizou un concerto no estadio Negara denominado Siti Nurhaliza & Friends[105] coa participación de numerosos artistas malaisianos e indonesios como Faizal Tahir, Hafiz Suip, Jaclyn Victor, Joe Flizzow, SonaOne, Afgansyah Reza, Anggun ou Cakra Khan e Siti cantou en solitario ou en duetos moitos dos seus temas máis coñecidos. O 10 de maio de 2017 saíu o seu 17º álbum, co título de SimetriSiti que inclúe compositores, letristas e artistas malaisianos e indonesios.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jadi pengacara, Siti bukan pengacau". Utusan Online. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  2. Siti Azira Abd. Aziz (25 de outubro de 2009). "Siti akui jualan album terjejas ekoran kekeruhan Malaysia-Indonesia". mStar Online. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  3. Hafidah Samat (14 de xaneiro de 2005). "Siti all set for London show.". New Straits Times. AccessMyLibrary. 
  4. Nani (24 de abril de 2012). "Siti Nurhaliza Berduet Dengan Rockstar Islam, Sami Yusuf". Gua.com.my (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. 
  5. Habibah Omar. "Konsert Diva pukau penonton di Singapura". Utusan Online. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  6. Norzaila Rosli. "Siti tetap laris selepas isu e-mel". Utusan Online. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Seneviratne, Kalinga (2012). Countering MTV Influence in Indonesia and Malaysia. Institute of Southeast Asian Studies. p. 217. 
  8. 8,0 8,1 "Siti Nurhaliza". KapanLagi.com – Kalau bukan sekarang, kapan lagi?. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2010. Consultado o 3 de outubro de 2010. 
  9. Siti Azira Abd. Aziz (22 de outubro de 2009). "Siti nafi ditawar jutaan ringgit untuk 'Konsert Seribu Warna'". mStar Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2010. 
  10. Shazryn Mohd. Faizal (6 de xullo de 2010). "Siti teruja 'kembali' ke sekolah". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  11. 11,0 11,1 New Straits Times Staff (10 de xaneiro de 2003). "Will this be you?". New Straits Time (AccessMyLibrary). Consultado o 31 de maio de 2013. 
  12. Khadijah Ibrahim (4 de setembro de 2003). "Siti Nurhaliza – Melabur untuk masa depan adik". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  13. Saharuddin Mustafa (31 de agosto de 2003). "Siti Nurhaliza terkenang Bahtera Merdeka". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  14. Nor Asikin Hassan (8 de agosto de 2010). "Siti Nurhaliza merakam nostalgia Clifford". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  15. Hizreen Kamal (6 de xaneiro 2012). "Siti's inspiring journey". New Straits Time. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  16. 16,0 16,1 "Siapa Pengganti Siti Nurhaliza?". Liriklagu.com. Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  17. "Siti Nurhaliza diburu syarikat rakaman". Bintang Popular – Berita Minggu. Digital Collections DC5: Cross Search. 14 de xuño de 2009. Consultado o 13 de setembro de 2010. 
  18. "Siti Nurhaliza". SitiZone. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  19. "Arkib Pemenang ABP". Anugerah Bintang Popular Berita Harian 2009 (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2011. Consultado o 13 de abril de 2011. 
  20. 20,0 20,1 "Hos Rancangan Tv Indonesia.". Berita Harian. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 29 de maio de 2010. 
  21. "Konser Tunggal Siti Nurhaliza Di Gelar di 5 Kota Indonesia". KapanLagi.com – Kalau bukan sekarang, kapan lagi? (en indonesio). Consultado o 3 de outubro de 2010. 
  22. "Her Achievements". SitiZone. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  23. "Dato' Hajjah Siti Nurhaliza". Siti Zone. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  24. "Best Ever Commonwealth Games Comes to a Close". Utusan Online. Utusan Online. 22 de setembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  25. "Siti all set for London show". New Straits Time. Digital Collections DC5: Text Archive. 14 de xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 31 de xulo de 2010. 
  26. Saharudin Musthafa (1 de novembro de 1998). "Siti Nurhaliza dapat pengiktirafan di Jepun". Utusan Online. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. Consultado o 13 de setembro de 2010. 
  27. "Siti Nurhaliza menang anugerah antarabangsa". Utusan Online (en malaio). 21 de maio de 1999. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  28. Olesya Ivanova (29 de agosto de 2002). "Grand Prix 2002 left for Malaysia.". The Almaty Herald. Simply Siti Nurhaliza Zone. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  29. 29,0 29,1 29,2 "Japan and ASEAN Pop Stars Dream Concert 2003 J-ASEAN POPs in Yokohama". Ministry of Foreign Affairs of Japan. 2003. Consultado o 28 de xaneiro 2011. 
  30. 30,0 30,1 "Siti Nurhaliza – Lagu Mandarin untuk pasaran Taiwan". Utusan Online (en malaio). 16 de maio de 2004. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  31. "Asia pop stars sing Golden Melody". China Daily Website – Connecting China Connecting the World. 9 de maio de 2004. Consultado o 9 de maio de 2004. 
  32. 32,0 32,1 32,2 "Muzikal Aidiladha... dakwah seni Siti Nurhaliza". Utusan Online. Utusan. Consultado o 19 de febreiro de 2013. [Ligazón morta]
  33. "Jadi pengacara, Siti bukan pengacau". Utusan Online. Utusan. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  34. "INFO Siti Nurhaliza". Berita Harian (en malaio). Digital Collections DC5: Text Archive. 23 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 16 de agosto de 2010. 
  35. Choi Tuck Wo (8 de abril de 2005). "Siti displays true star power in London". The Star. 
  36. 36,0 36,1 "Royal Albert Hall". World Architecture Images – Royal Albert Hall. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  37. Choi Tuck Woo (3 de abril 2005). "Siti Nurhaliza wows London with wit and elegance". The Star. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2010. 
  38. 38,0 38,1 Charlie Lancaster (9 de maio de 2010). "Top of the pops". Southeast Asia Globe. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2010. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  39. "Transkripsi". SitiZone. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2009. 
  40. 40,0 40,1 Zieman (4 de xaneiro de 2006). "Hati Siti "berbisik"". mStar Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 17 de setembro de 2010. 
  41. 41,0 41,1 "Right AIM". Digital Collections DC5: Cross Search. 20 March 2006. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  42. "Saingan sengit finalis AIM14". Berita Harian (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 30 de marzo de 2007. Consultado o 11 de agosto 2010. 
  43. "Transkripsi vokal terbaik Siti". Harian Metro. Digital Collections DC5: Cross Search. 2 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  44. "So gloriously Siti". New Straits Time. Digital Collections DC5: Cross Search. 11 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  45. Tengku Khalidah Tengku Bidin (14 de maio de 2006). "Siti Nurhaliza di persimpangan dilema". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. Consultado o 3 de maio de 2010. 
  46. M. Hamzah Jamaluddin (24 de outubro de 2006). "Datukship for Siti Nurhaliza". New Straits Time (AccessMyLibrary). Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  47. "Siti Nurhaliza gets Grammy invite". The Star. 6 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2007. 
  48. Zieman (24 de abril de 2007). "Siti hidupkan khazanah P. Ramlee dalam Konsert Istana Cinta". mStar Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  49. "Siti raih 3 anugerah APM 2007". Berita Harian. Digital Collections DC5: Cross Search. 9 de xuño de 2007. Consultado o 2 de setembro de 2010. 
  50. "Hadiah hati Siti". Metro Ahad (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 9 de decembro de 2007. 
  51. "Tuah filem hitam putih". Harian Metro. Digital Collections DC5: Cross Search. 11 de agosto de 2008. 
  52. "Siti akhirnya berlakon". Harian Metro (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 4 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  53. "(Sesuatu yang dicari peminat ... )". Berita Harian (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 10 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  54. "Siti hilang bisa". Harian Metro (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 4 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 6 August 2010. 
  55. "Hadiah Siti kurang mantap". Harian Metro. Digital Collections DC5: Cross Search. 25 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 6 August 2010. 
  56. "Faizal Tahir Rocks at AIM Awards". New Straits Time. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 4 de abril de 2008. 
  57. "Asia's Idols". Inquirer.net – Philippine News for Filipino. 5 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  58. Azhariah Kamin (16 de setembro de 2008). "Siti Nurhaliza is as popular as ever". The Star. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2020. 
  59. 59,0 59,1 "Lentera Timur". Harian Metro. Digital Collections DC5: Cross Search. 4 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  60. "Misi angkat muzik tradisi". Harian Metro. Digital Collections DC5: Cross Search. 16 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  61. 61,0 61,1 Mohd Azam Shah Yaa'cob, Hidayatul Akmal Ahmad & Raja Norain Hidayah Raja Abdul Aziz (20 de xuño de 2010). "Milik harta tujuh angka". myMetro (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  62. "Siti derita ingat abah". Harian Metro (en malaio). Digital Collections DC5: Cross Search. 28 de febreiro de 2009. [Ligazón morta]
  63. Shuib Talib (21 de xuño de 2009). "SHUIB ON SUNDAY: Can't get enough of Siti". The New Straits Time (AccessMyLibrary). 
  64. Siti Azira Abd. Aziz (19 de xullo de 2009). "Siti kekal 9 tahun paling popular serantau APM 2009!". mStar Online. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2020. 
  65. "Resepi Siti Nurhaliza, Sheila Rusly, Website Kulinari Daisy Chef Liza". Sensasi Selebriti. Sensasi Selebriti. Consultado o 19 de febreiro 2013. 
  66. Budiey Isma (25 de decembro de 2009). "Gambar Kulit Album Duet Dato' Siti Nurhaliza & Krisdayanti". Sensasi Selebriti (en malaio). 
  67. Hizreen Kamal (27 de xaneiro de 2010). "Two divas, one album". New Straits Time. Digital Collections DC5: Cross Search. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  68. "Astro Siarkan Secara Langsung Konsert Bagaikan Sakti M.Nasir & Datuk Siti Nurhaliza". mStar (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2010. 
  69. Wahi Aziz (13 de decembro de 2009). "Siti Akan Terbitkan Konsert Aizat & Faizal Tahir di IB". mStar Online. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2020. 
  70. Azhariah Kamin (3 de maio de 2010). "Yuna wins big at AIM awards". The Star. 
  71. Esme Johari Wahab (3 de maio de 2010). "Siti tetap unggul". myMetro (en malaio). [Ligazón morta]
  72. "A chat with Siti". The Star. 11 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  73. Abie Abdullah (24 de xullo de 2011). "Tiba masa Siti". Metro Ahad. 
  74. Norhadiani Baharom (4 de marzo de 2011). "Adib terbit album Inggeris Siti". Berita Harian (en malaio). [Ligazón morta]
  75. Zubir Mohd Yunus (7 de agosto de 2011). "All Your Love Siti bakal jengah Eropah". Berita Harian (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  76. Mohd Al Qayum Azizi (18 de febreiro de 2013). "Siti Nurhaliza Bertudung Bukan Untuk Berpolitik". mStar (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2013. Consultado o 26 de marzo 2013. 
  77. "Siti Nurhaliza Jadi Pengacara 'Game Show' Pula". mStar Online. 26 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  78. Azhariah Kamin (11 de xullo de 2013). "Utterly Bewitching". The Star. 
  79. "Konsert merdeka Malaysia-Indonesia di Dataran Merdeka Ahad". Utusan Online (en malaio). 22 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  80. MH Staff (30 de agosto de 2013). "Dato' Siti Nurhaliza Janji Yang Terbaik Di Konsert 'Lentera Timur'". mediahiburan.karangkraf.com (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  81. Budiey (21 de agosto de 2013). "Ulasan Konsert Lentera Timur Dato' Siti Nurhaliza". Budiey.com. 
  82. Astro Awani Staff (27 de outubro de 2013). ""Konsert Lantera Timur" Siti Nurhaliza catat rekod Istana Budaya". Astro Awani (en malaio). 
  83. 83,0 83,1 "Siti wakil negara ke Jepun". Utusan Online (en malaio). 21 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  84. Policarpio, Allan (24 de novembro de 2013). "Christian Bautista hopes to appeal for more relief aid in music fest". Philippine Daily Inquirer. 
  85. Tan Kee Yun (5 de decembro de 2013). "Award Winning Antics: 18th Asian Television Awards". The New Paper. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  86. Shreya Gopi (19 de novembro de 2013). "Asian Television Awards to be televised on Star World and Channel [V]". OnScreenAsia.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  87. Mohd Al Qayum Azizi (7 de xaneiro de 2014). "Siti Nurhaliza Sasar Kutip RM4 Juta Untuk Kebajikan". Mstar (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  88. Tengku Khalidah Tengku Bidin (10 de febreiro de 2014). "Siti Nurhaliza berjaya kumpul dana RM1 juta". Utusan Online (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  89. 89,0 89,1 Feride Hikmet Atak (28 de febreiro de 2014). "Lukisan Wajah Siti Nurhaliza Dijual Sehingga RM75,000". Mstar (en malaio). [Ligazón morta]
  90. "Tragedi MH370, tiga konsert berskala besar dibatalkan". Kosmo! (en malaio). 27 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  91. "Vince, Elvira pukau Foster". Harian Metro. 30 de marzo de 2014. [Ligazón morta]
  92. Farihad Shalla Mahmud (27 de agosto de 2014). "Hikmah sebalik musibah". Berita Minggu (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  93. Astro Awani Staff (18 de outubro de 2014). "APM 2014: Siti Nurhaliza dinobat Penyanyi Wanita Terbaik". Astro Awani. 
  94. Agustinus Shindu Alpito (1 22 de outubro de 2014). "Siti Nurhaliza Rilis Album di Indonesia". MetroTV (en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2018. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  95. Norimy Aimi (7 de decembro de 2014). "Datuk Siti Nurhaliza Kuasai AIM 21". Mangga Online (Utusan Karya Sdn Bhd). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  96. World Music Awards' Admin (24 de decembro de 2014). "Siti Nurhaliza, Winner of the World's Best Malay Female Artist Award, Best Malay Live Act & Best Malay Entertainer". 
  97. Shazryn Mohd Faizal (8 de abril de 2015). "Siti Nurhaliza terus lengkapkan portfolio (Siti Nurhaliza Continues Completing Portfolio)". The Rakyat Post (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  98. Murai Staff (9 de abril de 2015). "Dato' Siti Nurhaliza Semakin Petah Berjenaka Di Pentas (Dato' Siti Nurhaliza is Getting Better to Banter on Stage)". Murai.com.my (en malaio). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  99. Malay Mail Staff (5 de agosto de 2015). "Siti Nurhaliza records Tamil song composed by AR Rahman (VIDEO)". Malay Mail. 
  100. The Star Staff (21 de agosto de 2015). "Siti Nurhaliza named among 500 most influential Muslims". The Star. 
  101. 101,0 101,1 Rozdan Mazalan (31 de decembro de 2015). "Siti, Rossa paling cemerlang di Istana Budaya" [Siti, Rossa [are] the most successful at Istana Budaya]. Berita Harian. 
  102. Putu Elmira (21 de decembro de 2015). "Duet Apik Siti Nurhaliza dan Hetty Koes Endang di D'Academy Asia" [A Great Duet between Siti Nurhaliza and Hetty Koes Endang on D'Academy Asia]. Bintang.com (en indonesio). 
  103. Puji Astuti HPS (17 de novembro de 2015). "Memetakan Kekuatan Peserta D' Academy Asia dari 4 Negara" [Mapping the Strength of D'Academy Asia Contestants]. Liputan 6 (en indonesio). 
  104. Farah Fazanna (18 de marzo de 2016). "Siti Nurhaliza launches ready-to-wear clothing line". The Star Online (Star Media Group Berhad). 
  105. Budiey Isma (2 de abril de 2016). "Konsert Dato’ Siti Nurhaliza & Friends di Stadium Negara". Budiey.com.