Saltar ao contido

Sistro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sistro
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/01xblv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Nefertari representada cun sistro na man dereita e unha flor de loto na esquerda - Templo de Abu Simbel.

O sistro[1] é un instrumento de percusión que produce un son como o das chocallas.

O instrumento xa existía en Sumeria no ano -2500. No antigo Exipto, chamábase sechechet e era usado por mulleres nobres e sacerdotisas. Xeralmente estaba feito de bronce, pero tamén existían exemplos de madeira e arxila. Os sistros estaban particularmente asociados co culto da deusa Hathor, pero tamén podían usarse nos cultos de Isis, Bastet e Amón. Os exipcios crían que o son producido polo instrumento podía apouvigar ao deus en cuestión. Cando o culto de Isis se estendeu por toda a conca do Mediterráneo, o sistro converteuse nun instrumento popular entre os romanos.

A súa forma máis común era unha asa cun arco, onde se colocaban pequenas barras con discos metálicos que, ao seren axitadas, producían un son. Nalgúns casos, podían ter forma de capela. Entre a asa e o arco, era común a representación de Hathor.

Agora úsanse en cerimonias da Igrexa copta etíope, coñecidas como sanasel ou tsenatsil. Dous grupos étnicos indíxenas de América do Norte tamén usan o sistro.

Intérprete da banda escolar do PAIGC sostendo dous chocallos de disco (sistra), Ziguinchor, Senegal, 1973.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sistro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • OWUSU, Heike - Symbols of Egypt. Sterling Publishing Company, Inc., 2000. ISBN 0806935456.