Sistema intrauterino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dispositivo intrauterino (DIU) con proxestáxeno.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O sistema intrauterino (SIU) ou dispositivo intrauterino (DIU) con proxestáxeno é un dispositivo de contracepción hormonal que é colocado no útero. Un SIU ten un cilindro con hormonas que libera unha proxestina chamada levonorxestrel. Un exemplo de SIU é o Mirena. Utilízase para o control da natalidade, os períodos menstruais abondosos e para previr a acumulación excesiva do revestimento do útero naquelas que reciben terapia de substitución de estróxenos. É unha das formas máis efectivas de anticoncepción cunha taxa de fracaso anual de arredor do 0,2%. O dispositivo colócase no útero e dura de tres a cinco anos. Despois da eliminación, a fertilidade volve axiña.

Os efectos secundarios inclúen períodos irregulares, quistes ováricos benignos, dor pélvica e depresión. En raras ocasións pode ocorrer unha perforación uterina. Non se recomenda o seu uso durante o embarazo, pero é seguro coa lactación. O DIU con proxestáxeno é un tipo de anticoncepción reversible de acción prolongada. Funciona ó espesar a mucosidade na abertura do colo uterino, detendo a acumulación do revestimento do útero e, ocasionalmente, evitando a ovulación.

O DIU con levonorxestrel aprobouse por vez primeira para uso médico en 1990 en Finlandia e nos Estados Unidos en 2000.[1] Está na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde, os medicamentos máis efectivos e seguros que se precisan nun sistema de saúde. O custo grosista no mundo en desenvolvemento é de preto de 122,46 dólares cada un. No Reino Unido costan ó NHS arredor de 88 libras. Nos Estados Unidos custan arredor de US $ 844,00. Máis de 120 países aprobaron o dispositivo e úsano máis de 10 millóns de mulleres.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bradley, Linda D.; Falcone, Tommaso (2008). Hysteroscopy: Office Evaluation and Management of the Uterine Cavity. Elsevier Health Sciences. p. 171. ISBN 0323041019. 
  2. Schäfer-Korting, Monika (2010). Drug Delivery. Springer Science & Business Media. p. 290. ISBN 9783642004773.