Sistema do grupo sanguíneo ABO

O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica).[1][2][3] A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos:
- fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación;
- xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos;
Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A.
O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
A súa distribución xeográfica no mundo é desigual e permite coñecer a evolución demográfica, xenética e migratoria das poboacións humanas. Utilízase en combinación coa tipoloxía lingüística para buscar a orixe da humanidade.
Sistemas de clasificación e nomenclatura
[editar | editar a fonte]
O serólogo checo Jan Janský presentou unha clasificación dos tipos sanguíneos en 1907 nunha revista local.[4] Utilizou os números romanos I, II, III e IV (correspondentes aos modernos O, A, B e AB). Despois, de forma independente, o médico norteamericano William L. Moss ideou un sistema de clasificación lixeiramente diferente usando tamén a numeración romana;[5] porén, os seus I, II, III e IV correspondían aos modernos AB, A, B e O (non coincidían cos de Janský).[6]
Estes dous sistemas creaban confusión e un perigo potencial na práctica médica. O sistema de Moss foi adoptado no Reino Unido, Francia e os Estados Unidos, mentres que o de Janský era o preferido na maioría dos países europeos e mesmo nalgunhas partes dos Estados Unidos. Para resolver este caos, a Asociación Americana de Inmunólogos, a Sociedade de Bacteriólogos Americanos e a Asociación de Patólogos e Bacteriólogos fixeron unha recomendación conxunta en 1921 de que se adoptase a clasificación de Janský baseándose na súa prioridade.[7] Pero esta recomendación non foi moi seguida, especialmente onde se estaba a usar o sistema de Moss.[8]
En 1927, o patólogo e inmunohematólogo austríaco Karl Landsteiner trasladárase a traballar no Instituto Rockefeller de Investigación Médica de Nova York. Como membro dun comité do Consello Nacional de Investigación dedicado aos grupos sanguíneos, suxeriu substituír os sistemas de Janský e Moss coas letras O, A, B e AB. Outra confusión adicional foi o uso da cifra 0 (cero) para o termo alemán null ('cero', 'nulo') que intoduciron Hirszfeld e von Dungern, porque outros usaban a letra O do alemán ohne, que significa 'sen' (ohne A, ohne B, 'sen A, sen B'); porén, entre estas dúas posibilidades Landsteiner escolleu esta última, a letra O.[8] Esta clasificación foi adoptada polo Consello Nacional de Investigación e pola Liga das Nacións[9][10] e acabou por coñecerse como clasificación do Consello Nacional de Investigación, clasificación Internacional, e máis popularmente a "nova" clasificación de Landsteiner. O novo sistema foi gradualmente aceptado e a principios da década de 1950, era xa seguido case universalmente[11] (en Rusia aínda seguen o sistema de números romanos de Janský, e nalgúns países europeos como os de fala alemá usan o AB0).[10] En España utilízase a notación ABO nos documentos do Ministerio de Sanidade,[12] no DOG,[13], no BOE,[14][15] e úsana en publicacións da Real Academia de Medicina de Galicia,[16] Sociedade Española de Transfusión Sanguínea,[17] Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia [18], mentres que nas publicacións en revistas científicas se poden atopar tanto ABO (maioritario no Google Académico) coma AB0.
Distribución mundial de grupos ABO e Rh por países
[editar | editar a fonte]País | Poboación[19] | O+ | A+ | B+ | AB+ | O- | A- | B- | AB- |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Australia[20] | 21,262,641 | 40% | 31% | 8% | 2% | 9% | 7% | 2% | 1% |
Austria[21] | 8,210,281 | 30% | 33% | 12% | 6% | 7% | 8% | 3% | 1% |
Bélxica[22] | 10,414,336 | 38% | 34% | 8.5% | 4.1% | 7% | 6% | 1.5% | 0.8% |
Brasil[23] | 198,739,269 | 36% | 34% | 8% | 2.5% | 9% | 8% | 2% | 0.5% |
Canadá[24] | 33,487,208 | 39% | 36% | 7.6% | 2.5% | 7% | 6% | 1.4% | 0.5% |
Dinamarca[25] | 5,500,510 | 35% | 37% | 8% | 4% | 6% | 7% | 2% | 1% |
Estonia[26] | 1,299,371 | 30% | 31% | 20% | 6% | 4.5% | 4.5% | 3% | 1% |
Finlandia[27] | 5,250,275 | 27% | 38% | 15% | 7% | 4% | 6% | 2% | 1% |
Francia[28] | 62,150,775 | 36% | 37% | 9% | 3% | 6% | 7% | 1% | 1% |
Alemaña[29] | 82,329,758 | 35% | 37% | 9% | 4% | 6% | 6% | 2% | 1% |
Hong Kong[30] | 7,055,071 | 40% | 26% | 27% | 7% | 0.31% | 0.19% | 0.14% | 0.05% |
Islandia[31] | 306,694 | 47.6% | 26.4% | 9.3% | 1.6% | 8.4% | 4.6% | 1.7% | 0.4% |
India[32] | 1,166,079,217 | 36.5% | 22.1% | 30.9% | 6.4% | 2.0% | 0.8% | 1.1% | 0.2% |
Irlanda[33] | 4,203,200 | 47% | 26% | 9% | 2% | 8% | 5% | 2% | 1% |
Israel[34] | 7,233,701 | 32% | 34% | 17% | 7% | 3% | 4% | 2% | 1% |
Países Baixos[35] | 16,715,999 | 39.5% | 35% | 6.7% | 2.5% | 7.5% | 7% | 1.3% | 0.5% |
Nova Zelandia[36] | 4,213,418 | 38% | 32% | 9% | 3% | 9% | 6% | 2% | 1% |
Noruega[37] | 4,660,539 | 34% | 42.5% | 6.8% | 3.4% | 6% | 7.5% | 1.2% | 0.6% |
Polonia[38] | 38,482,919 | 31% | 32% | 15% | 7% | 6% | 6% | 2% | 1% |
Portugal[39] | 10,707,924 | 36.2% | 39.8% | 6.6% | 2.9% | 6.0% | 6.6% | 1.1% | 0.5% |
Arabia Saudita[40] | 28,686,633 | 48% | 24% | 17% | 4% | 4% | 2% | 1% | 0.23% |
Suráfrica[41] | 49,320,000 | 39% | 32% | 12% | 3% | 7% | 5% | 2% | 1% |
España[42] | 40,525,002 | 36% | 34% | 8% | 2.5% | 9% | 8% | 2% | 0.5% |
Suecia[43] | 9,059,651 | 32% | 37% | 10% | 5% | 6% | 7% | 2% | 1% |
Turquía[44] | 76,805,524 | 29.8% | 37.8% | 14.2% | 7.2% | 3.9% | 4.7% | 1.6% | 0.8% |
Reino Unido[45] | 61,113,205 | 37% | 35% | 8% | 3% | 7% | 7% | 2% | 1% |
Estados Unidos[46] | 307,212,123 | 37.4% | 35.7% | 8.5% | 3.4% | 6.6% | 6.3% | 1.5% | 0.6% |
Media ponderada | total= 2,261,025,244 | 36.44% | 28.27% | 20.59% | 5.06% | 4.33% | 3.52% | 1.39% | 0.45% |
Distribución mundial de grupos ABO por grupos humanos
[editar | editar a fonte]Distribución racial e étnica dos grupos ABO (sen Rh)[47] (Esta táboa tén máis entradas cá anterior, pero non distingue entre tipos Rh.) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O grupo sanguíneo B ten a súa frecuencia máis alta no norte da India e a veciña Asia central, e a súa incidencia diminúe tanto cara ó oeste como cara ó leste e baixa a porcentaxes dunha soa cifra en España.[48][49] Crese que estivo totalmente ausente das poboacións de aborixes australianos e dos nativos americanos antes da chegada dos europeos a estas zonas[49][50].
O grupo sanguíneo A asóciase con altas frecuencias en Europa, especialmente en Escandinavia e Europa central, aínda que as súas frecuencias máximas danse para algunhas poboacións aborixes australianas e os amerindios pés negros de Montana[51][52].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Krusius T, Finne J, Rauvala H (decembro de 1978). "The poly(glycosyl) chains of glycoproteins. Characterisation of a novel type of glycoprotein saccharides from human erythrocyte membrane". European Journal of Biochemistry 92 (1): 289–300. PMID 729592. doi:10.1111/j.1432-1033.1978.tb12747.x.
- ↑ Järnefelt J, Rush J, Li YT, Laine RA (novembro de 1978). "Erythroglycan, a high molecular weight glycopeptide with the repeating structure [galactosyl-(1 leads to 4)-2-deoxy-2-acetamido-glucosyl(1 leads to 3)] comprising more than one-third of the protein-bound carbohydrate of human erythrocyte stroma". The Journal of Biological Chemistry 253 (22): 8006–9. PMID 711733. doi:10.1016/S0021-9258(17)34351-X.
- ↑ Laine RA, Rush JS (1988). "Chemistry of Human Erythrocyte Polylactosamine Glycopeptides (Erythroglycans) as Related to ABH Blood Group Antigenic Determinants". En Wu A, Kabat E. The Molecular Immunology of Complex Carbohydrates. Advances in Experimental Medicine and Biology 228. Plenum. pp. 331–347. ISBN 978-1-4613-1663-3. PMID 2459929. doi:10.1007/978-1-4613-1663-3_12.
- ↑ Janský J (1907). "Haematologick studie u. psychotiku". Sborn. Klinick (en checo) 8: 85–139.
- ↑ Moss WL (1910). "Studies on isoagglutinins and isohemolysins". Bulletin of the Johns Hopkins Hospital 21: 63–70.
- ↑ Farr AD (abril de 1979). "Blood group serology—the first four decades (1900–1939)". Medical History 23 (2): 215–226. PMC 1082436. PMID 381816. doi:10.1017/S0025727300051383.
- ↑ Doan CA (1927). "The Transfusion problem". Physiological Reviews 7 (1): 1–84. ISSN 0031-9333. doi:10.1152/physrev.1927.7.1.1.
- ↑ 8,0 8,1 Schmidt P, Okroi M (2001). "Also sprach Landsteiner — Blood Group 'O' or Blood Group 'NULL'". Transfusion Medicine and Hemotherapy 28 (4): 206–8. ISSN 1660-3796. doi:10.1159/000050239.
- ↑ A. S. Wiener. History of Blood Group Nomenclature. Publicado on line por Cambridge University Press: 01 de agosto de 2014.
- ↑ 10,0 10,1 Erb IH «Blood Group Classifications, a Plea for Uniformity». Canadian Medical Association Journal, 42, 5, 01-05-1940, pàg. 418–21. PMC: 537907. PMID 20321693.
- ↑ Garratty G, Dzik W, Issitt PD, Lublin DM, Reid ME, Zelinski T (abril de 2000). "Terminology for blood group antigens and genes-historical origins and guidelines in the new millennium". Transfusion 40 (4): 477–489. PMID 10773062. doi:10.1046/j.1537-2995.2000.40040477.x.
- ↑ Ministerio de Sanidad. Manual de uso óptimo de componentes sanguíneos
- ↑ CONSELLERÍA DE SANIDADE. DECRETO 163/2005, do 9 de xuño, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.
- ↑ BOE-A-2005-15514 Real Decreto 1088/2005, de 16 de septiembre, por el que se establecen los requisitos técnicos y condiciones mínimas de la hemodonación y de los centros y servicios de transfusión.
- ↑ BOE-A-2007-3383 Orden SCO/322/2007, de 9 de febrero, por la que se establecen los requisitos de trazabilidad y de notificación de reacciones y efectos adversos graves de la sangre y de los componentes sanguíneos.
- ↑ Real Academia de Medicina de Galicia Historia de la Evolución de la Genética Forense
- ↑ Pilar Ortiza, Alfred Mingoa, Miguel Lozanoa, Miguel Ángel Vesgaa, Joan Ramon Grifolsa, Azucena Castrilloa, Manuel Algoraa, Íñigo Romóna, José Manuel Cárdenas Guía sobre la transfusión de componentes sanguíneos. Sociedade Española de Transfusión Sanguínea. Madrid. España. doi 10.1157/13079172
- ↑ Sociedad Española de Hematología y Hemoterapia (SEHH). Compatibilidad en Transfusión
- ↑ "CIA World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ Blood Types - What Are They?, Australian Red Cross
- ↑ "Austrian Red Cross - Blood Donor Information". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Rode Kruis Wielsbeke - Blood Donor information material". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Tipos Sanguíneos". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Types & Rh System, Canadian Blood Services". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Frequency of major blood groups in the Danish population.". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Veregruppide esinemissagedus Eestis". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Suomalaisten veriryhmäjakauma". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Les groupes sanguins (système ABO)". Centre Hospitalier Princesse GRACE - Monaco (en French). C.H.P.G. MONACO. 2005. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 2008-07-15.
- ↑ de:Blutgruppe#Häufigkeit der Blutgruppen
- ↑ "Blood Donation, Hong Kong Red Cross" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de abril de 2009. Consultado o 07 de abril de 2009.
- ↑ "Blóðflokkar". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Indian Journal for the Practising Doctor". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Irish Blood Transfusion Service - Irish Blood Group Type Frequency Distribution". Irish Blood Transfusion Service. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 2009-11-07.
- ↑ The national rescue service in Israel
- ↑ "Voorraad Erytrocytenconcentraten Bij Sanquin" (en Dutch). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 2009-03-27.
- ↑ What are Blood Groups? - NZ Blood
- ↑ "Norwegian Blood Donor Organization". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ Regionalne Centrum Krwiodawstwa i Krwiolecznictwa we Wroclawiu
- ↑ Portuguese Blood Institute (assuming Rh and AB antigens are independent)
- ↑ "Fequency of ABO blood groups in the eastern region of Saudi Arabia". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "South African National Blood Service - What's Your Type?". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Federación Nacional de Donantes de Sangre/La sangre/Grupos". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Frequency of major blood groups in the Swedish population.". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Turkey Blood Group Site.". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Frequency of major blood groups in the UK.". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Blood Types in the U.S.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ RACIAL & ETHNIC DISTRIBUTION of ABO BLOOD TYPES Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine., BLOODBOOK.COM
- ↑ Blood Transfusion Division, United States Army Medical Research Laboratory (1971). Selected contributions to the literature of blood groups and immunology. 1971 v. 4. United States Army Medical Research Laboratory, Fort Knox, Kentucky.
... In northern India, in Southern and Central China and in the neighboring Central Asiatic areas, we find the highest known frequencies of B. If we leave this center, the frequency of the B gene decreases almost everywhere ...
- ↑ 49,0 49,1 Encyclopaedia Britannica (2002). The New Encyclopaedia Britannica. Encyclopaedia Britannica, Inc. ISBN 0852297874.
... The maximum frequency of the B gene occurs in Central Asia and northern India. The B gene was probably absent from American Indians and Australian Aborigines before racial admixture occurred with the coming of the white man ...
- ↑ Carol R. Ember, Melvin Ember (1973). Anthropology. Appleton-Century-Crofts.
... Blood type B is completely absent in most North and South American Indians ...
- ↑ Laura Dean, MD (2005). Blood Groups an Red Cell Antigens. National Center for Biotechnology Information, United States Government. ISBN 1932811052.
... Type A is common in Central and Eastern Europe. In countries such as Austria, Denmark, Norway, and Switzerland, about 45-50% of the population have this blood type, whereas about 40% of Poles and Ukrainians do so. The highest frequencies are found in small, unrelated populations. For example, about 80% of the Blackfoot Indians of Montana have blood type A ...
- ↑ Technical Monograph No. 2: The ABO Blood Group System and ABO Subgroups (PDF). Biotec. 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2007. Consultado o 14 de marzo de 2010.
... The frequency of blood group A is quite high (25-55%) in Europe, especially in Scandinavia and parts of central Europe. High group A frequency is also found in the Aborigines of South Australia (up to 45%) and in certain American Indian tribes where the frequency reaches 35% ...