Simbolismo cristián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O simbolismo cristián é o uso de símbolos, incluíndo arquetipos, actos, ilustracións ou acontecementos, por parte do cristianismo. Inviste obxectos ou accións dun significado interior que expresa ideas cristiás.

O simbolismo do cristianismo primitivo estivo marcado polo seu entendemento só para os iniciados,[1] mentres que despois da legalización do cristianismo no século IV, entraron en uso símbolos máis recoñecibles. O cristianismo tomou prestado das accións ordinarias presentes na maioría dos períodos e en todas as rexións do mundo, moitos dos seus símbolos máis significativos.

O cristianismo non practicou polo xeral aniconismo, ou evitar ou a prohibición de tipos de imaxes, malia que as seitas xudeocristiás, así como algunhas confesións cristiás modernas, preferiron non empregar figuras nos seus símbolos, invocando a prohibición da idolatría dos Dez mandamentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jenner, Henry (2004). Kessinger Publishing, ed. Christian Symbolism. p. xiv. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]