Simberi
Simberi | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Poponovuam |
País | Papúa Nova Guinea |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Arquipélago Bismarck |
Linguas | |
Poboación (2010) | 1.100 |
Superficie | 40 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 2°38′S 151°59′L / -2.633, -151.983 |
Maior Altura | 340 m. |
Localización | |
Simberi é unha illa no Arquipélago Bismarck no oeste de Océano Pacífico e pertence a Papúa Nova Guinea.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Simberi incluída nas illas Tabar forma parte da provincia de Nova Irlanda. Atópase a uns 900 km ao nordés de Port Moresby e a uns 25 km ao nordés da illa principal da provincia de Niu Ailan.
A illa é de orixe volcánico e ten unha superficie de ao redor de 40 km² cunha lonxitude duns 9 km e ao redor de 7 km de ancho. A altura máxima é duns 340 metros sobre o mar e atópase na parte oriental da illa. A illa está rodeada en gran parte por un arrecife de coral e unha serie de pequenas illas, a uns 10 km da costa oeste está outro dos arrecifes. Simberi é a máis setentrional e a illa máis pequena do arquipélago.
A poboación distribúese principalmente nalgunhas aldeas ao longo da costa e o interior da illa está cuberta principalmente por bosques tropicais.
A illa conta recentemente cun aeroporto. Un estreito de case 2 quilómetros de ancho separaa da veciña illa de Tatau.
Historia[editar | editar a fonte]
O arquipélago foi habitado por melanesios, probablemente desde o 1500 aC. Foi descuberto polos mestres neerlandés Jacob Le Maire e Willem Schouten en xuño de 1616, que entón denominarona "Illa Gardner". Foron descubertos máis tarde por Abel Tasman, e polo navegante galego Francisco Mourelle de la Rúa que a chamou "San Francisco".
A zona terminou en 1885 como parte da Nova Guinea Alemá. A área foi administrada inicialmente pola compañía da Nova Guinea Alemá.
Logo da primeira guerra mundial a zona quedou baixo o control de Australia.
De 1942 a 1945 foi ocupada polo Xapón, pero logo volveu ao mandato da administración de Australia e a de Papúa Nova Guinea cando independizouse en 1975.
Hai unha mina a ceo aberto de ouro en Simberi. Dise que o mariñeiro sueco Carl Emil Pettersson foi un dos primeiros en atopar ouro na illa. Crese que Pettersson foi o modelo de Astrid Lindgren para o pai de Pippi Mediaslongas, o capitán Efraim Mediaslongas.