Silvia Fernández de Gurmendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilvia Fernández de Gurmendi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Provincia de Córdoba, Arxentina Editar o valor em Wikidata
President of the International Criminal Court (en) Traducir
11 de marzo de 2015 – 11 de marzo de 2018
← Song Sang-Hyun (en) TraducirChile Eboe-Osuji (pt) Traducir →
Judge of the International Criminal Court (en) Traducir
20 de xaneiro de 2010 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires
Universidade Nacional de Córdoba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , avogada , xuíza , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Premios

Silvia Alejandra Fernández de Gurmendi, nada o 24 de outubro de 1954, é unha avogada, xuíza e diplomática arxentina, que desde 2010 integra a Corte Penal Internacional e presidiuna entre 2015 e 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Córdoba e a Universidade de Limoges, e obtivo posteriormente un doutoramento na Universidade de Buenos Aires. Ingresou no servizo exterior en 1989, entre 1994 e 2000 foi conselleira legal da delegación arxentina nas Nacións Unidas e en 2006 traballou como Directora Xeral de Dereitos Humanos no ministerio de Relacións Exteriores e Culto.[1][2] Á súa vez, representou a Arxentina na Comisión Interamericana de Dereitos Humanos e a Corte Interamericana de Dereitos Humanos.[3]

En novembro de 2009. foi elixida como xuíza na división de Cuestións-Preliminares da Corte Penal Internacional, destinada a xulgar o xenocidio e os crimes de agresión, de guerra e contra a humanidade. En marzo de 2015 foi elixida para presidir a corte até 2018.[1][2][3] Previamente fora vicepresidenta da conferencia que decidiu a súa creación en 1998 e coordinara a División de Competencia, Complementariedade e Cooperación da fiscalía.[4]

No ámbito académico traballou como profesora da Universidade de Buenos Aires, a Universidade de Palermo e actualmente faio na Universidade Americana.[4][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carbajal, Mariana (19 de novembro de 2009). "“Compromiso con los DD.HH.”". Página 12. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Una jueza argentina presidirá la Corte de La Haya". Clarín. 11 de marzo de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Judge Silvia Alejandra FERNÁNDEZ DE GURMENDI (Argentina)" (en inglés). International Criminal Court. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Silvia Fernández de Gurmendi, Jueza de la Corte Penal Internacional expuso en la UP" (en castelán). Universidad de Palermo. Consultado o 12 de marzo de 2015.