Saltar ao contido

Silver Jews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silver Jews
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF173681652 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123718603 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01rqc9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Spotify: 4ePunOqQbOYoQwd1298g3Z Musicbrainz: 1bc2d696-c0e2-480d-87ed-17b2a82d7983 Songkick: 477242 Discogs: 65827 Allmusic: mn0000755496 Genius: Silver-jews Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Silver Jews foi unha banda de indie rock estadounidense procedente de Nova York. Formouna en 1989 David Berman xunto cos membros de Pavement Stephen Malkmus e Bob Nastanovich. Berman foi o único compoñente constante durante toda a carreira do grupo. Nos últimos poucos discos, Cassie Berman, a muller de David, foi unha membro regular de Silver Jews. A banda separaríase no ano 2009 tras publicar seis álbums de estudio.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Aínda que adoitaba a ser etiquetado como un proxecto paralelo de Pavement, Silver Jews formouse realmente máis ou menos ao mesmo tempo, cando Berman vivía en Hoboken, Nova Jersey, con dous amigos da universidade de Virxinia, Stephen Malkmus e Bob Nastanovich, cos que gravaba cintas discordantes no salón.[1]

Berman citou falsamente que a orixe do seu nome viña da lectura dunha valla publictaria que rezaba "Silver Jewelry", aínda que afirmou nunha entrevista que realmente a intención do nome era que fose un pseudónimo para unha peza de arte conceptual que posteriormente evolucionou cara a banda.[2] Porén, outros afirman que o nome é unha homenaxe a Silver Apples, The Silver Beatles, ou xerga para xudeus de pelo roxo.[3]

Aínda que Berman evitara deliberadamente realizar concertos durante gran parte da existencia da banda, Silver Jews sorprenderon aos seus seguidores iniciando a súa primeira xira tras a publicación do álbum Tanglewood Numbers no ano 2005. A banda xirou por Norteamérica, Europa e Israel durante ese ano. Durante o seu paso por Israel rodouse un documental titulado Silver Jew.[4]

Separación

[editar | editar a fonte]

O 22 de xaneiro de 2009 Berman anunciou que planeaba retirarse do mundo da música e que Silver Jews realizaría o seu derradeiro concerto no evento musical Bluegrass Underground nas cavernas Cumberland de McMinnville, Tennessee o 31 de xaneiro.[5] As cavernas están situadas a uns 100 metros baixo a superficie e só estiveron dispoñibles 300 entradas. Berman dixo que o grupo tocaría as súas 15 cancións favoritas. Tamén dixo que a súa intención era dedicarse a escribir guións ou a ser muckraker.[5]

Berman orixinalmente planeou que o concerto fose gravado e emitido no mes seguinte a través da famosa emisora de radio de Nashville WSM AM;[5] porén, o día anterior á actuación, Berman dixo que WSM quedara fóra do trato. O concerto foi gravado con varias cámaras de 16 mm, e Berman insinuou unha posible edición en DVD no futuro.

O 19 de xuño de 2012 Drag City publicou Early Times, un recompilatorio de EPs e sinxelos que foran editados antes do seu álbum de estrea Starlite Walker.

En 2015 Bob Nastanovich publicou unha foto na súa páxina de Facebook coa banda ensaiando. Dixo que a banda estaba traballando en dous temas novos, "The Veranda Over The Toy Shoppe", e "Wacky Package Eyes". David Berman dixo posteriormente que a foto era unha broma.[6] Berman no seu lugar regresou cun novo proxecto, Purple Mountains, en xullo de 2019, pero morreu o seguinte mes.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Starlite Walker1994Drag City
The Natural Bridge1996Drag City
American Water1998Drag City
Bright Flight2001Drag City
Tanglewood Numbers2005Drag City
Lookout Mountain, Lookout Sea2008Drag City
ÁlbumAnoSelo
Dime Map of the Reef1992Drag City
The Arizona Record1993Drag City
Tennessee2001Drag City
  1. Larkin, Colin, ed. (2000). The Virgin encyclopedia of nineties music. Londres: Virgin in association with Muze UK. ISBN 978-0-7535-0427-7.
  2. Blog de Ford (ed.). "Silver Jews Thursday – David Berman on LOMLOC, Writing, and the Ugliness of Failure – Part I". Consultado o 3 de maio de 2018.
  3. Allmusic (ed.). "Silver Jews". Consultado o 3 de maio de 2018.
  4. IMDB (ed.). "Silver Jew". Consultado o 3 de maio de 2018.
  5. 1 2 3 Pitchfork (ed.). "Silver Jews' David Berman Calls It Quits". Archived from the original on 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de maio de 2018.
  6. "Silver Jews probably aren't reuniting after all". Chart Attack. 2015-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-04.